BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL DEMPORAL DUN/DUNHA AXENTE QUE LEVE A CABO UN PROGRAMA DOMICILIARIO DE SEPARACIÓN DOS RESIDUOS DOMÉSTICOS NO CONCELLO DE ARANGA

  • imprimir

CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL

O concello de Aranga aprobou as bases da convocatoria para a contatación laboral temporal dun/ha axente que leve a cabo un programa domiciliario de concienciación da importancia da separación dos residuos domésticos en Aranga.

O prazo de presentación de instancias é de oito días naturais contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio na páxina web do concello.

As persoas interesadas poderán consultar as bases nas oficinas municipais do concello de Aranga, no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na páxina web do concello de Aranga ( www.aranga.es ) .

Aranga, 27 de xullo de 2015

O Alcalde :

Asdo:Alberto Platas Álvarez

BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN/UNHA AXENTE QUE LEVE A CABO UN PROGRAMA DOMICILIARIO DE CONCIENCIACIÓN SOBRE A NECESIDADE DA SEPARACIÓN AXEITADA DOS RESIDUOS DOMÉSTICOS, NESTE CONCELLO DE ARANGA.-

BASE 1ª.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.-

Estas bases teñen por obxecto regular o sistema de selección para a contratación laboral temporal de un/ha axente que leve a cabo unha campaña, casa por casa, de concienciación da importancia da separación adecuada dos residuos polo beneficio que supón para a economía municipal seno e sobre todo polo beneficio que supón para o medio ambiente por canto a separación de residuos, como parte del proceso de reciclado, supón disminuir a contaminación atmosférica, supón aforro de enerxía, evita a mala imaxe do paisaxe e protexe o medio ambiente.

Se trata dun procedemento áxil que respecte os principios de transparencia, igualdade, mérito , capacidade e publicidade, na categoría profesional de axente comercial.

BASE 2ª.- TIPO DE CONTRATO.

O tipo de contrato que se realice será de duración determinada ,un mes, en xornada de oito horas diarias.

As retribucións fíxanse en 1.425,00 € brutos mensuais, cantidade a que se engadirá a porrata da paga extra que corresponda. As ditas retribucións inclúen os gastos de traslado en vehículo propio.

BASE 3ª.- FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO.

As funcións do posto versarán sobre a realización dunha campaña domiciliaria, por todo o termo municipal, durante oito horas diarias, trasladándose en vehículo propio, a efectos de concienciar aos veciños do termo municipal dos beneficios que supón a separación de residuos, como parte do proceso de reciclado de residuos , por canto sendo responsables no reciclado de residuos contribuimos a protección do medio ambiente e reducción da contaminación atmosférica .

BASE 4ª.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.

Para participar no proceso selectivo, os/as aspirantes, deberán reunir os requisitos que se indican, referidos todos e cada un deles á ata de remate do prazo de presentación de instancias:

a) Ter a nacionalidade española sen prexuicio do determinado no artigo 57 do Estatuto Básico do Empregado Público aprobado pola Lei 7/2007 de 12 de abril, respecto do acceso ao emprego público dos nacionais doutros estados.

b) Ter cumpridos 16 anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa

c) Non se exise titulación académica específica .

d) Non padecer enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto

e)Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade e non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ous cargos públicos por resolución xudicial.

F) Dispoñer de vehículo propio e estar en posesión do carnet de conducir B1.

BASE 5º.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E ADMISIÓN DE CANDIDATOS.

As instancias nas que se solicite tomar parte no proceso selectivo presentaránse no Rexistro de Entrada do Concello, no modelo oficial que será facilitado nas oficinas municipais , en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou mediante as formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracions públicas e procedemento administrativo común ( se se presenta por correos debe aparecer o selo de correos na solicitude) , durante o prazo de oito días naturais contados a partir do seguinte á insercción do anuncio na páxina web do concello.

Para ser admitido no proceso selectivo os aspirantes deberán anifestar que reúnen todos e cada un dos requisitos exisidos na convocatoria, referidos ao día no que remate o prazo de presentación de solicitudes , debendo presentar, xunto a solicitude, a seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do DNI ou Tarxeta de Residente

b) Fotocopia compulsada do carnet de conducir

c) Relación de méritos que aleguen os aspirantes pola orde que se establece nesta convocatoria. A dita relación engadiránse os documentos xustificativos dos mesmos ( en orixinal ou fotocopia compulsada). Non se valorarán aqueles méritos que non queden debidamente acreditados na forma que se establece nas presentes bases.

A relación de admitidos e excluídos aprobaráse por Resolución da Alcaldía, e publicaráse no Taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e na páxina web do concello dentro dos dous días hábiles seguintes a aquel no que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

Na mesma resolución indicaráse a composición da comisión seleccionadora e o día e hora no que terá lugar o inicio da valoración. No prazo de dous días hábiles poderán presentarse reclamacións, que serán resoltas por resolución da alcaldía o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo dos dous días. Se se aceptan reclamacións ,publicaráse inmediatamente anuncio na páxina web e no taboleiro de edictos da casa consistorial.

BASE 6ª.- COMISIÓN DE SELECCIÓN.

O órgano de selección , para a elaboración desta lista, asi como para o seu control e correcta utilización, de conformidade co artigo 60 da lei 7/2007 de 12 de abril do estatuto básico do empregado público, será colexiado e estará composto polo Presidente, secretario e tres vocais desinados pola Alcaldía.

A súa composición axustaráse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros que será exisible a todos e cada un deles individualmente considerados, tendendose á paridade ente muller e home. Deberán posuir titulación igual ou seperior á esixida para o acceso á praza convocada.

Os membros do Tribunal deberán absterse de formar parte desdes cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da lei 30/1992, notificándose á autoridade convocante, ou cando realizen tarefas de preparación a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Os aspirante poderán recusalos segundo o disposto no artigo 29 da mesma lei.

Para a súa válida constitución deberan asistir máis da metade dos seus membros. No que respectaa a súa constitución e formación de voluntade estaráse ao disposto na lei de procedemento administrativo , quedando facultada para interpretar as presentes bases asi como para resolver as dúbidas que se poidan plantexar no proceso.

BASE 7ª.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN.

O procedemento de selección será o concurso de méritos.

BASE 8ª.- CRITERIOS DE SELECCIÓN.

Os aspirantes alegarán os seus méritos e unirán á solicitude os documentos que os acrediten, que se valorarán de acordo ao seguinte:

- Polo coñecemento do termo municipal, poderánse conceder dez puntos. Entendése que a persoa solicitante coñece o termo municipal cando se atope empadroado no Concello cunha antigüedade mínima de tres anos. Os aspirantes que no poidan acreditar o coñecemento do termo municipal na forma indicada, poderán realizar unha proba escrita para acreditalo, se o solicitan expresamente, que se valorará ata dez puntos.

Acreditaráse mediante certificado de empadroamento ou mediante a realización das probas que realice o órgano de selección .

- Pola experiencia profesional en postos de axente comercial, encuestador ou similar , con contrato laboral ou nomeamento como funcionario, poderán concederse ata 10 puntos, segundo o seguinte baremo:

- 2 puntos por cada mes completo de traballo, nunha administración pública.

- 1 punto por cada mes completo de traballo na empresa privada.

A experiencia profesional acreditaráse mediante informe de vida laboral expedido pola Tesorería Xeral da Seguridade Social, acompañado dos contratos de traballo ( cun documento aclaratorio no caso de que non se especifique o seu obxecto con claridade e as súas prórrogas) ou do certificado da empresa ou expedido pola administración correspondente .

- Por estar en posesión de titulación académica de Bachiller, Formación Profesional de segundo grado o equivalente, diplomatura o licenciatura: se dará un punto por cada título oficial. Se acreditará mediate a presentación da copia compulsada do titulo oficial.

- Por cursos de formación relacionados coas funcións propias do posto de traballo a desempeñar e impartidos por una Administración Pública, Universidade, centros públicos ou concertados e organismos oficiais , se concederán ata 5 puntos , valorándose:

- Cursos de máis de10 horase menos de 50 horas: 0,50 puntos.

- Cursos de máis de50 horas e ata 100 horas : 1 punto.

- Cursos de máis de 100 horas : 2 puntos.

Os cursos xustificaránse mediante a presentación da fotocopia compulsada dos certificados, documentos ou títulos acreditativos .

- Por coñecemento acreditado do idioma galego( só se valora o de grao superior):

- Curso de iniciación ou Celga 3 : 2, 5 puntos.

- Curso de perfeccionamento ou Celga 4 : 5 puntos.

Só se valorarán os cursos ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística.

No se admitirán copias nin fotocopias simples e non se admitirán os méritos que non se alegen ou que non esten documentalmente acreditados. O órgano de contratación poderá acordar a práctica de probas ou a realización de entrevistas que estime conveniente.Neste caso a orde de actuación será alfabética.

BASE 9ª.-SELECCIÓN.

O órgano de selección reuniráse á hora que determine o Sr.alcalde e que previamente se avisará no Taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e na páxina web do concello, segundo determina a base 6ª, a efectos de elaborar a lista correspondente de candidatos para a cobertura temporal de postos de traballo de peóns.

O órgano de selección levará a cabo a selección, mediante a valoración dos méritos, propoñendo á Alcaldía, unha listaxe de aspirantes, polo orde decreciente, segundo a puntuación obtida. Poderá deixarse deserta a convocatoria se se considera procedente. En caso de empates , estos resolveránse a favor dos aspirantes que maior puntuación obtiverán no apartado de experiencia profesional e , no caso de persistir, o órgano de selcción realizará sorteo.

A comisión de selección elevara a lista á Alcaldía propoñendo a contratación da persoa que teña obtido maior puntuación, para a súa aprobación definitiva e publicaráse no Tablón de anuncios da Casa consistorial e na páxina web , a efectos da súa notificación aos participantes. Contra a resolución aprobatoria da lista, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo .

BASE 10ª.- INCORPORACIÓN E CESE.

O nomeamento e o cese realizaráse de conformidade coa lexislación vixente. A persoa chamada ( salvo que xa a tivese aportada) deberá presentar, no prazo de tres días naturais , a seguinte documentación:

-Declaración xurada de non estar separada mediante expediente disciplinario , de ningunha administración pública, nin inhabilitada para o exercicio de funcións públicas.

- Declaración xurada de non encontrarse incursa en causa de incompatibilidade ou incapacidade.

- Certificado médido de non padecer enfermedade ou limitación incompatible co desenvolvemento das funcións.

- Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social, se fose o caso.

- Domiciliación da nómina.

Achegada a documentación será nomeado por Resolución da Alaldía, como persoal laboral temporal do concello de Aranga, debendo firmar o correspondente contrato e alta na seguridade social, pasando a incorporarse ao posto de traballo.

Se no prazo de tres días non presenta documentación, salvo casos de forza maior, non poderá ser contratado, quedando anuladas as actuacións, sen menoscabo da responsabilidade na que puidese incorrer por falsidade na súa instancia, pasando a ocupar o seu posto o seguinte da lista.

BASE 13ª.- RÉXIME XURÍDICO

En todo o no previsto nas presentes bases estaráse ao disposto na Lei 7/2007 do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei reguladora das bases do réxime local 7/1985 de 2 de abril, no Texto Refundido aprobado polo Real Decreto Lexislativo 781/1986

de 18 de abril, o Real Decreto 36471995 do 10 de marzo que aproba o Regulamento Xeral de Ingreso de persoal ao Servizo da Administación e a lei Orgánica 3/2007 do 22 de marzo para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

BASE 14ª.- IMPUGNACIÓN.

1 A presente convocatoria e os actos administrativos derivados dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida na Lei 30/192 de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Aranga, 17 de xullo de 2015

O Alcalde : A secretaria:

modelosolicitudeaxente