CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL PARA AMPLIAR A LISTA DE ASPIRANTES PARA A PROVISIÓN , MEDIANTE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, DE AUXILIARES DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

 

O concello de Aranga aprobou ampliación da lista de aspirantes para a provision, mediante contratación laboral temporal, de auxiliares do servizo se axuda no fogar , a efectos de cubrir necesidades transitorias de persoal e para a atención de necesidades urxentes.

O prazo de presentación de instancias é de sete días hábiles contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio na páxina web do concello.

As persoas interesadas poderán consultar as bases nas oficinas municipais do concello de Aranga, no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na páxina web do concello de Aranga (www.aranga.es ) .

Aranga, 22 de outubro de 2015

O Alcalde :

Asdo.Alberto Platas Álvarez

BASES PARA A AMPLIACIÓN DA LISTA DE ASPIRANTES PARA A PROVISIÒN , MEDIANTE CONTRATACIÒN LABORAL TEMPORAL, DE AUXILIARES DO SERVIXO DE AXUDA NO FOGAR NESTE CONCELLO DE ARANGA-

Base 1ª- Obxecto.

O obxecto da presente convocatoria é a creacción dunha bolsa de emprego municipal para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo de auxiliares do servizo de axuda no fogar do concello de Aranga, nos que a súa cobertura se considere de urxente necesidade, nos casos de vacacións, baixas laborais, permisos, licenzas etc do persoal do servizo.

Tamén se cubrirán os supostos nos que a demanda do servizo, da dispoñibilidade orzamentaria e de achegas finalistas aumenten as contratacións.

A cobertura dos postos de traballo efectuaráse a través da lista na que figurarán as persoas que reúnan os requisitos da presente convocatoria, pola orde de prelación determinada pola puntuación obtida segundo o baremo regulado nestas bases.

Base 2ª.- Tipo de contrato.

O tipo de contrato, de duración determinada, será o que resulte adecuado por aplicación da normativa vixente e segundo as necesidades do servizo ( obra ou servizo, interinidade, tempo completo ou parcial ...).

Bae 3º.-Duración dos contratos.

Segundo se estableza en cada contrato, segundo as necesidades do concello de Aranga.

Base 4ª.-Xornada laboral.

A xornada de traballo completa será de 37 horas e 30 minutos semanais de luns a domingos cos descansos establecidos por lei, ou a parte proporcional que se estableza en cada caso.

Base 5ª.- Retribucións.

As restribucións serán as que figuren no anexo de persoal do orzamento en vigor.

Base 6º.- Funcións.

As funcións que se realizarán como auxiliar do xervizo de axuda no fogar serán as establecias na Ordenanza Municipal reguladora do servizo e na normativa en vigor ( atencións de carácter peroal na realización de actividades básicas e no básicas da vida diaria, atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, atención psicosocial e educativo...).

Base 7ª.- Requisitos.

Para participar no proceso de selección, as/os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos , referidos á data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ter a nacionalidade española sen prexuicio do determinado no artigo 57 do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado pola Lei 7/2007 de 12 de abril, respecto do acceso ao emprego público dos nacionais doutros estadosl.

b) Ter cumpridos 16 anos,e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

c) Posuir capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza a que se aspira.

d)No ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

e)Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

f)Dispoñer de permiso de conducción e dispoñibilidade dun vehículo para desprazarse.

g)Estar en posesión do Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas a domicilio ou de auxiliar de axuda a domicilio ou equivalente ou ben o título de Formación Profesional Regrada de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente .

Base 8ª. - Dereitos de inscripción.

Para o presente caso non se exisen dereitos de inscripción.

Base 9ª.- Presentación de solicitudes.

As instancias para solicitar a participación no proceso selectivo, nas que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na base 7ª da convocatoria, dirixiránse ao Sr.Alcalde do concello de Aranga, no modelo que figura como Anexo I desta convocatoria e ira acompañada:

- da copia cotexada do DNI

- da copia cotexada do permiso de conducción

- da copia cotexada do título académico requerido.

- Relación de méritos alegados unindo os documentos xustificativos destes ( en orixinal ou copia compulsada).

Non se valorarán aqueles méritos que non queden debidamente acreditados na forma establecida.

As solicitudes presentaránse no Rexistro Xeral de entrada de documentos do concello de Aranga durante o prazo de sete días háibles contados dende o día seguinte á insercción desta convocatoria na páxina web do concello.Poderáse igualmente remitir a solicitude na forma determinada no artigo 38.4 da lei 30/1992 de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común ( se se presenta por correos debe aparecer o selo de correos na solicitude).

A relación de admitidos e excluídos aprobaráse por Resolucion da Alcaldía e publicaráse no Taboleiro de anuncios da Casa consistorial e na páxina Web do concello , o terceiro día hábil seguinte a aquel no que termine o prazo de presentación de instancias. Na mesma resolución indicaráse a composición da Comisión de selección e o día e hora en que terá lugar a selección.

A lista poderá ser obxecto de reclamación ante a alcaldía no prazo de dous días hábiles que seran resoltas o día hábil seguinte, publicándose , no seu caso, listas definitivas no Taboleiro de edictos da casa consistorial.

Base 10ª.- Comisión de selección.

A Comisión de selección , para a elaboración desta lista, asi como para o seu control e correcta utilización, estará composta, de conformidade co artigo 60 da lei 7/2007 de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, polo Presidente, secretario e tres vocais desinados pola Alcaldía.Serán nomeados pola Alcaldía.

Base 11ª.- Criterios de selección.

Os aspirantes alegarán os seus méritos e unirán á solicitude os documentos que os acrediten, que se valorarán do seguinte xeito:

- Polo coñecemento do termo municipal, poderánse conceder cinco puntos. Entendése que a persoa solicitante coñece o termo municipal cando se atope empadroado no Concello cunha antigüedade mínima de tres anos. Os aspirantes que no poidana acreditar o coñecemento do termo municipal na forma indicada, poderán realizar unha proba escrita para acreditalo, se o solicitan expresamente, que se valorará ata cinco puntos.

Acreditaráse mediante certificado de empadroamento ou mediante a realización das probas que realice o órgano de selección .

- Pola experiencia profesional en postos iguais ou semellantes , con contrato laboral ou nomeamento como funcionario a partir do ano 2000, poderán concederse ata 10 puntos, segundo o seguinte baremo:

- 0,50 puntos por cada mes completo de traballo, no concello de Aranga.

- 0,30 puntos por cada mes completo de traballo noutra administración pública.

- 0, 10 puntos por cada mes completo de traballo na empresa privada.

A experiencia profesionarl acreditaráse mediante informe de vida laboral expedido pola Tesorería Xeral da Seguridade Social, acompañada de certificados de empresa ou expedidos pola administración ou pola empresa, ou dos contratos de traballo cun documento aclaratorio no caso de que non especifique o seu obxecto con claridade, e as súas prórrogas.

- Por cursos de formación relacionados coas funcións propias do posto de traballo a desempeñar e impartidos por una Administración Pública, Universidade, centros públicos ou concertados e organismos oficiais e que non sexan requisito exisido na base 7ª , se concederán ata 10 puntos , valorándose:

- Cursos de máis de10 horas e menos de 50 horas: 0,20 puntos.

- Cursos de máis de50 horas e ata 100 horas : 0,50 puntos.

- Cursos de máis de 100 horas : 1 punto.

Os cursos xustificaránse mediante a presentación da fotocopia compulsada dos certificados, documentos ou títulos acreditativos .

- Por coñecemento acreditado do idioma galego( só se valora o de grao superior):

- Curso de iniciación ou Celga 3 : 2 puntos.

- Curso de perfeccionamento ou Celga 4 : 4 puntos.

Só se valorarán os cursos ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística.

- Por circunstancias persoais : se valorarán , ata un máximo de 1,5 puntos, as seguintes circunstancias persoais, outorgando 0,5 puntos por cada unha das circunstancias acreditadas:

- persoas desempregadas que esgotasen as prestacións ou subsididos por desemprego.

- persoas en paro de longa duración

- demandantes do primeiro emprego

- mulleres vítimas de violencia de xénero

- ter conxúge sen ingresos.

- ter fillas/os menores de 26 anos sen ingresos

As tres primeiras circunstancias acreditaránse mediante certificado do INEM. As mulleres vítimas da violencia de xénero mediante cualquera das formas previstas no artigo 5 da lei 11/2007 de 27 de xullo( DOGA 152 do 7 de agosto de 2007).Nos dous últimos casos acreditase mediante acreditación da situación de desemprego e o cobro ou non de prestacións do conxúge ou dos fillos, mediante certificado do INEM da situacion de desemprego e do cobro das prestación. Se non estan inscritos como demandantes de emprego, mediante declaración xurada da non percepción de ingresos.

No se admitirán copias nin fotocopias simples e non se admitirán os méritos que non se alegen ou que non esten documentalmente acreditados. O órgano de contratación poderá acordar a práctica de probas ou a realización de entrevistas que estime conveniente.

Base 12ª.- Selección.

O órgano de selección reuniráse á hora que determine o Sr.alcalde e que previamente se avisará no Taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e na páxina web do concello, segundo determina a base 9ª, a efectos de elaborar a lista correspondente de candidatos para a cobertura temporal de postos de traballo de auxiliar de axuda no fogar.

O órgano de selección levará a cabo a selección, mediante a valoración dos méritos, propoñendo á Alcaldía, unha listaxe de aspirantes, polo orde de puntuación obtida. Poderá deixarse deserta a convocatoria se se considera procedente. En caso de empates , estos resolveránse a favor dos aspirantes que maior puntuación obtiverán no apartado de experiencia profesional e , no caso de persistir, o órgano de selcción realizará sorteo.

Elaborada a lista , a comisión de selección elevaraa á Alcaldía para que proceda a súa aprobación definitiva e publicaráse no Tablón de anuncios da Casa consistorial e na páxina web , a efectos da súa notificación aos participantes. Contra a resolución aprobatoria da lista, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo .

A lista permanecerá en vigor até que se acorde a súa renovación ou se celebren as probas selectivas específicas.

Producida calquera situación das especificadas na base 1ª, procederáse ao chamamento da persoa que, segundo a orde de prelación que figura na lista, corresponda ser chamada. O chamamento , nos casos de urxencia, poderán ser telefónicos.Se o aspirante chamado , a quen corresponde, non se presentase ou renunciase ao posto, perderá os seus dereitos , sendo excluído da lista, agás os casos de forza maior debidamente acreditados e apreciados pola Alcaldía, conservando neste caso a súa orde na lista aínda que se chamará ao seguinte.

Os integrantes da lista non perderá a súa orde de prelación ata a confección da nova lista ou ata que se xere o dereito a presetación de desemprego polo que, os aspirantes nomeados , logo de finalizar o período de contratacion, volverán ao posto que ocupaban na listaxe.

Base 13\.- Incorporación e cese.

O nomeamento e o cese realizaráse de conformidade coa lexislación vixente. A persoa chamada ( salvo que xa a tivese aportada) deberá presentar:

-Declaración xurada de non estar separada mediante expediente disciplinario , de ningunha administración pública, nin inhabilitada para o exercicio de funcións públicas.

- Declaración xurada de non encontrarse incursa en causa de incompatibilidade ou incapacidade.

- Certificado médido de non padecer enfermedade ou limitación incompatible co desenvolvemento das funcións.

Achegada a documentación será nomeado por Resolución da Alaldía, como persoal laboral temporal do concello de Aranga, debendo firmar o correspondente contrato e alta na seguridade social, pasando a incorporarse ao posto de traballo.

A presente convocatoria e os actos administrativos derivados dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida na Lei 30/192 de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Aranga, 16 de outubro de 2015.

ANEXO I.- MODELO DE SOLICITUDE

SOLICITUDE PARA TOMAR PARTE NA CONVOCATORIA DO CONCELLO DE ARANGA PARA A ELABORACIÓN DA LISTA DE ASPIRANTES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR.

Eu, _______________________________________________________________________,

co DNI número ______________________, e co enderezo para os efectos das notificacións,

en ________________________________________________, Poboación ____________,

CP _________________, Concello________________,

SOLICITO a miña inclusión na lista de aspirantes de Auxiliares de Axuda no Fogar para a cobertura de postos de traballo de carácter temporal, ao abeiro da convocatoria do concello de Aranga, para o que adxunto fotocopia compulsada do DNI , fotocopia compulsada do permiso de conducción e fotocopia compulsada do título académico.

Que relaciono os méritos que alego e achego a documentación acreditativa dos mesmos.

________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

DECLARO que coñezo e acepto as bases que rixen o proxecto selectivo e que reúno os requisitos esixidos, non estando incapacitado para desempeñar o posto e non estou incurso en prohibicións para contratar nin estou en situación de incompatiblidade.

Polo que SOLICITO ser admitido/a no correspondente proceso selectivo.

Aranga, de de 2015

SR.ALCALDE DO CONCELLO DE ARANGA

Información adicional