RESOLUCIÓN DE NOMEAMENTO DUN/HA ANIMADOR/A CULTURAL NO CONCELLO DE ARANGA

  • imprimir

Por medio da presente poño no seu coñecemento que pola Alcaldía de Aranga ditouse a seguinte Resolución de nomeamento , que se transcríbe literalmente, a efectos da súa notificación:

"Logo de incoar o expediente para contratar un/ha animador/a cultural no concello de Aranga de conformidade coas bases aprobadas o día 11 de xaneiro de 2016.

Logo de examinar o expediente, e vista a proposta efectuada polo tribunal que se constitue para a selección do dito persoal.

Considerando que o solicitante proposto reúne os requisitos necesarios para ocupar o posto ofertado.

RESOLVO:

1º.- Nomear como animadora cultural neste concello de Aranga, durante o ano 2016, a Dª. María González Sánchez co DNI nº xxxxxxxxxxx .

2º.- Notificarlle a presente Resolución a aspirante nomeada ao fin de que se proceda a formalizar o oportuno contrato, comenzando a prestación dos seus servizos o día 7 de marzo de 2016 e ata o día 31 de decembro de 2016, en xornada reducida de 20 horas semanais e con disponibilidade horaria.

3º.- Darlle conta da presente Resolución ao Pleno Municipal, na primeira sesión ordinaria que se realice.

4º.- Contra a presente Resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer o recurso potestativo de reposición ante a alcaldía, nos termos e prazos sinalados na Lei 30/1992 ,de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente un recurso contencioso- administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa.

Aranga, a catro de marzo de 2016. O alcalde : Asdo:Alberto Platas Álvarez"

Aranga, 4 de marzo de 2016

A secretaria- interventora:

Asdo:Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga