ANUNCIO: BASES PARA A CONTRATACIÓN DAS PERSOAS QUE CUBRIRÁN O CADRO DE PERSOAL DO " PROGRAMA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE INTEGRACIÓN LABORAL MEDIANTE EXECUCIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS-ANUALIDADE 2016

ANUNCIO DE SELECCION DE PERSOAL

A Xunta de goberno Local, na sesión do día 22 de xuño , ven de aprobar as seguintes bases para a contración de catro peóns.

A preselección realizaráse a través do Servizo Público de Emprego, e o concello invitará aos candidatos da lista remitida por dita Oficina , para participar no concurso de méritos.

BASES PARA A CONTRATACIÓN DAS PERSOAS QUE CUBRIRÁN O CADRO DE PERSOAL DO "PROGRAMA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE INTEGRACIÓN LABORAL MEDIANTE EXECUCIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS-ANUALIDADE 2016"

PRIMEIRA.-Obxecto da convocatoria.

A contratación laboral temporal ata o 31 de decembro de 2016, mediante concurso e entrevista persoal ou proba escrita se fose necesario, das persoas que executarán as obras incluídas no "Programa de Integración Laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais dos Concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes". Contratarase: 4 peóns durante cinco meses. A devandita contratación realizarase con base á convocatoria da subvención da Deputación da Coruña por Resolución de Presidencia 8713/2016 de 22 de abril, (BOP Nº 84 de data 04/05/2016).

Dita contratación realizarase ó abeiro da normativa contida no texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores,aprobado polo Real Decreto lexislativo 2/2015 de 23 de outubro.

SEGUNDA.-Condicións dos aspirantes.

a) Ser español, extranxeiro nacional dun estado membro na Unión Europea ou persoa incluída no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

Tamén poderán participar os extranxeiros con residencia legal en España.

b) Posuir capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

A estes efectos establécese a igualdade de condición das persoas minusválidas cos demais aspirantes, non podendose fixar , con carácter xeral, limitacións físicas ou psíquicas, agás nos casos nos que sexan incompatibles co normal desempeño do traballo correspondente, adáptandose polo tribunal selectivo as medidas e medios precisos para a realización das probas, de xeito que gocen da mesma igualdade de oportunidades que os demais participantes. Para este fin, os aspirantes con minusvalía farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.

A condición de minusvalía, o seu grao e a súa compatibilidad co exercicio das función do posto de traballo, acreditarase mediante certificación para o efecto expedida polo organismo competente.

c) Ter cumpridos dezaséis anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais e estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaba no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional de outro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos ou acceso ao emprego público

e) Ser demandante de emprego, polo que será requisito imprescindible estar inscrito/a como demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia, dacordo co previsto no punto sete das Bases do Programa de Integración Laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais da Deputación da Coruña.

f) Estar incluídas en situación de exclusión laboral. Estas situación son as seguintes:

•Mulleres, por ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.

•Maiores de 45 anos.

•Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade igual ou superior ó 33%. A acreditación da discapaciodade será comprobada polo Concello no proceso de selección das persoas a contratar.

•Persoas desfavorecidas que estén en alguna das seguintes situacións: drogodependencia, vivir nun fogar no que ninguén teña emprego, persoas sen fogar, persoas con fogar monoparental e persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou por cuestións socioculturais.

•Parados de longa duración. Consideranse como parados de longa duración aquelas persoas que leven máis de dous anos como mínimo como demandantes de emprego.

•Persoas víctimas de violencia de xénero.

g) Posuir carnet de conducir tipo B.

TERCEIRA.-Requisitos para a selección.

De conformidade co establecido no punto sete das Bases do Programa de Integración Laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais, as persoas a contratar deberán estar en situación de desemprego, circunstancia que

deberán acreditar os concellos con carácter previo á contratación.

Será requisito imprescindible estar inscrito/a como demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia.

O concello de Aranga realizará a preselección para a contratación do persoal a través do Servizo Público de Emprego e de acordo cos principios de publicidade, concurrencia, igualdade, mérito e non discriminación, mediante a presentación da oferta de emprego na oficina de emprego correspondente nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia ós requisitos e características que deben reunir os/as traballadores/as que se contratarán para o axeitado desempeño das función inherentes ó posto de traballo ofertado.

A oficina de emprego realizará unha sondaxe e preseleccionará o maior número posible de candidatos/as, correspondendo ao Concello a selección definitiva.

CUARTA.-Solicitude dos aspirantes.

Recibida no concello a listaxe de preseleccionados para candidatos remitida polo Servizo Público de Emprego de Galicia, o concello poñerase en contacto con cada un dos posibles candidatos para informarles deste programa e invitarlles a participar, para o cal abrirase un prazo de sete días naturais, a contar dende a data de información ao derradeiro dos posibles candidatos, para que, se están interesados, presenten a correspondente instancia conforme ao modelo oficial que poderán obter nas oficinas municipais .

QUINTA.-Comisión seleccionadora.

A Comisión Seleccionadora estará integrada polos membros que desine la alcaldía, contando cun presidente, secretario( o do concellos) e tres vocais.

Non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seu membros, sendo preciso en todo caso a asistencia do/a presidente/a e do secretario.

SEXTA.-Proceso de selección.

O proceso de selección contará de dúas fases:

Fase de concurso, no que se valorarán as seguintes circunstancias: (ate un máximo de 6 puntos)

- Haber acabado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas Administración Publicas ata un máximo de 2 puntos.

Para valorar estes programas terase en conta que estean dirixidos a persoal en risco de exclusión social; contido e número de horas.

- Experiencia profesional en postos similares: 0,5 por ano traballado ate un máximo de 2 puntos.

- Responsabilidades familiares: ate un máximo de 2 puntos.

A valoración será a seguinte: unidade familiar de ate 3 membros: 1,00 punto; de 4 membros: 1,50 puntos; de 5 ou máis membros: 2,00 puntos.

Acreditación dos méritos:

• A realización dos programas acreditarase mediante documento expedido pola autoridade correspondente onde conste o seu título, o nome, apelidos e DNI do participante e número de horas.

• A experiencia laboral acreditarase mediante informe de vida laboral.

• As responsabilidades familiares mediante libro de familia, certificado de convivencia ou autorización á Administración municipal para comprobalo de oficio no padrón municipal de habitantes, no caso de pertencera familia ao Concello de Aranga

• O tempo de desemprego acreditarase mediante certificación acreditativa de inscrición no Servizo Público de Emprego.

Non serán valorados os méritos das persoas que non se acrediten de xeito indicado.

Entrevista persoal ou proba escrita: (ata un máximo de 4 puntos)

A Comisión Seleccionadora poderá realizar ós/ás candidatos/as unha entrevista persoal ou proba escrita segundo o número de candidatos/as na que se farán preguntas relacionadas coas tarefas a desenvolver no posto de traballo, interés demostrado no posto de traballo, así como preguntas relativas ó nivel de coñecementos axeitados ó posto de traballo ó que se aspira.

As dúbidas que se susciten serán resoltas pola citada Comisión, que terá a facultade de interpretar estas bases, facendo constar na acta correspondente os acordos adoptados.

SÉTIMA.-Formalización do contrato.

A Comisión Seleccionadora proporá ó Sr. Alcalde a contratación daqueles/as aspirantes que obtivesen a maior puntuación.

Ditos/as aspirantes propostos/as presentarán dentro dos dous días hábiles seguintes, e antes das 12:00 horas, os documentos acreditativos que procedan, dos previstos na Base Segunda.

A formalización do contrato realizarase conforme ó previsto na lexislación vixente.

OITAVA.-Lista de reserva.

Rematado o proceso selectivo farase una relación de persoas, en orde decrecente de puntuación. Os que formen parte da mesma poderán ser chamados (sempre respetando a orde da lista) para cubrir prazas non cubertas por situación de renuncia voluntaria e/ou procesos de incapacidade temporal.

NOVENA.-TRABALLOS A DESEMPEÑAR E RETRIBUCIÓNS

Os traballos a desempeñar polo persoal contratado consistiran no mantemento e limpieza das áreas recreativas, dos parques infantís e biosaudables, o mirador de vieriro, perímetro de Centro social, en xeral, de espacios de lecer e infraestructuras públicas.

As retribucións brutas mensuais ( incluída a porrata da extra) fíxase en 750,00 €.

DECIMA.-Incidencias.

A Comisión Seleccionadora queda autorizada para resolve-las dúbidas que se presenten, e para adopta-los acordos necesarios para o bo funcionamiento do proceso de selección, en todo o non previsto nestas bases, fecendo constar na acta correspondente os acordos adoptados.

O ALCALDE, O SECRETARIO,

Aranga, 23 de xuño de 2016

A secretaria:

Asdo:Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga

Información adicional