BASES PARA A CONTRATACIÓN DE 2 PEÓNS AO ABEIRO DO PROGRAMA PARA O FOMENTO DO EMPREGO NO MEDIO RURAL "APROL RURAL 2018"

BASES PARA A CONTRATACIÓN DAS PERSOAS QUE CUBRIRÁN O CADRO DE PERSOAL DO "PROGRAMA PARA O FOMENTO DO EMPREGO NO MEDIO RURAL, APROL RURAL 2018".

PRIMEIRA.-Obxecto da convocatoria.

A presente convocatoria ten por obxecto a contratación laboral temporal de dous peóns que executarán as obras incluídas no proxecto denominado "LIMPEZA DE ZONAS FORESTAIS", dentro do progama Aprol Rural 2018, en base á financiación outorgada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e segundo a Orde do 31/12/2017 que establece as bases que regulan as axudas para o fomento de emprego no medio rural.

A dita contratación realizarase ó abeiro do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, que aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP), a Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia (LEPG), a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, que aproba o texto refundido das disposición legais vixentes ne materia de réxime local, o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores aporobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, (TRET) e disposición concordantes.

SEGUNDA. Modalidade de contratación e condicións do contrato.

Os traballos a desempeñar polo persoal contratado serán aqueles relacionados con limpeza de espazos públicos forestais, incluídos os traballos de mantemento e limpeza de accesos a núcleos de poboación , eliminando vexetación e outros produtos acumulados en cunetas e bordes dos camiños e pistas de uso público.

Os contratos formalizaranse baixo a modalidade de obra ou servizo determinado previsto no Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro.

A duración prevista inicialmente é de nove meses, deben estar formalizados os contratos a 01/07/2018.

A xornada será de sete horas e media diarias.

As retribucións brutas mensuais 807,00 € mensuais, aos que se engaden as porratas das pagas extras, polo que a retribución bruta mensual de cada un dos nove meses que dure a contratación queda fixada en 941,50 €.

TERCEIRA -Requisitos dos aspirantes.

Para poder participar nas probas selectivas de acceso ás méritas prazas os aspirantes deben reunir os seguintes requisitos:

a) Ser español, extranxeiro nacional dun estado membro na Unión Europea ou extranxeiro dun dos estados aos que se refire e nas condiciósn previstas no artigo 57 do Texto refundido do Estatuto Básico do empregado público, así como os extranxeiros con residencia legal en España.

b) Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas as que se opta.

A estes efectos establécese a igualdade de condición das persoas minusválidas cos demais aspirantes, non podéndose fixar, con carácter xeral, limitacións físicas ou psíquicas, agás nos casos nos que sexan incompatibles co normal desempeño do traballo correspondente, adáptandose polo tribunal selectivo as medidas e medios precisos para a realización das probas, de xeito que gocen da mesma igualdade de oportunidades que os demais participantes. Para este fin, os aspirantes con minusvalía farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.

A condición de minusvalía, o seu grao e a súa compatibilidade co exercicio das función do posto de traballo, acreditarase mediante certificación para o efecto expedida pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

c) Ter cumpridos dezaseis anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais e estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaba no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional de outro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos ou acceso ao emprego público.

e) Ser demandante de emprego, polo que será requisito imprescindible ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupado e estar dispoñible para o emprego.

f) Non ter sido contratados por un período igual ou superior aos seis meses con cargo as axudas concedidas no ano 2017 pola Consellería de Economía, Emprego e Industria no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas desempregadas.

f) Terán preferencia na selección, en todo caso, os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral e, de ser o caso, aqueles que teñan previsto a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional:

• Mulleres e, en especial aquelas que acrediten a condición de vítimas de violencia de xénero.

• Menores de 30 anos, en especial as persoas demandantes do primeiro emprego ou aquelas sen cualificación profesional

• Persoas paradas de longa duración

• Persoas con discapacidade

• Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego a que tivesen dereito

• Persoas desempregadas maiores de 45 anos.

• Persoas integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente persoas beneficiarias de renda de integración social de Galicia.

• Igualmente terase en conta o menor nivel de protección por desemprego das posibles persoas beneficiarias, así como a existencia de responsabilidades familiares, entendéndose por estas ter a cargo da persoa traballadora desempregada que se contrate o/a cónxuxe, parella de feito, fillos/as menores de vinte e seis anos ou maiores con discapacidade, persoas maiores incapacitads ou menores en acollemento.

CUARTA.-Proceso de preselección .-

De conformidade co establecido no art 14 da Orde de subvención, será requisito imprescindible estar inscrito/a como demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia. O concello de Aranga realizará a selección para a contratación do persoal a través do Servizo Público de Emprego e de acordo cos principios de publicidade, concurrencia, igualdade, mérito e non discriminación, mediante a presentación da oferta de emprego na oficina de emprego correspondente nos modelos normalizados existentes e de acordo coas bases que se xan aprobadas polo concello.

A oficina de emprego realizará unha sondaxe e preseleccionará o maior número posible de candidatos/as, correspondendo ao Concello a selección definitiva.

O concello poñeráse en contacto cos candidatos para informarlles do programa e invitarlles a participar, nun prazo de cinco días naturais na instancia que se lles facilite.

QUINTA.-Comisión seleccionadora.

A Comisión Seleccionadora estará integrada por un presidente, secretario, que será o da corporación, e tres vogais que serán designados pola Alcaldía, cos requisitos previstos no artigo 60 do TREBEP e os de imparcialidade e profesionalidade dos membros.

Non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seu membros, sendo preciso en todo caso a asistencia do/a presidente/a e do secretario.

SEXTA.- Proceso de selección.

O proceso de selección levarase a cabo do seguinte xeito:

Nunha primeira fase levarase a cabo a valoración dos requisitos previstos na base terceira.

Ademais valoraranse os seguintes méritos:

-Ter acabado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas Administración Públicas: ata un máximo de 2 puntos.

Valoraranse estes programas tendo en conta que estean dirixidos a persoal en risco de exclusión social; contido e número de horas.

-Posuír formación relacionada co posto de traballo a realizar: ate un máximo de 2 puntos.

Valoraranse segundo o número de horas empregadas, do seguinte xeito: cursos de menos de 40 horas: 0,10 puntos, cursos de 40 horas ata 99 horas: 0,25 puntos e cursos de máis de cen horas: 0,5 puntos.

-Posuír formación relacionada coa prevención de riscos laborais: ata un máximo de 0,5 puntos, valóranse segundo o número de horas indicado no apartado anterior.

-Posuír formación relacionada co mantemento de maquinaria, en concreto coa maquinaria a utilizar no posto de traballo a cubrir: ata un máximo de 1,5 puntos, segundo o número de horas indicado.

Os méritos acreditaranse mediante a presentación da fotocopia compulsada dos certifiados ou diplomas expedidos polos organismos ou institucións oficiais das Amdinistracións Públicas ou incluídas nos plans de formación das mesmas o polas empresas privadas.

A Comisión Seleccionadora poderá realizar, se o considera oportuno, aos candidatos/as unha proba oral ou escrita, segundo o número de candidatos/as, na que se farán preguntas relacionadas coas tarefas a desenvolver no posto de traballo e coñecemento do termo municipal.

As dúbidas que se susciten serán resoltas pola citada Comisión, que terá a facultade de interpretar estas bases, facendo constar na acta correspondente os acordos adoptados.

SÉTIMA.-Formalización do contrato.

A Comisión Seleccionadora proporalle ao alcalde a contratación daqueles/as aspirantes que obtivesen a maior puntuación.

Os ditos/as aspirantes propostos/as presentarán dentro dos dous días hábiles seguintes, os documentos acreditativos que procedan, segundo o establecido nas presentes bases.

A formalización do contrato realizarase conforme ao previsto na lexislación vixente.

OITAVA-Lista de reserva.

Rematado o proceso selectivo farase una relación de persoas, en orde decrecente de puntuación. Os que formen parte da mesma poderán ser chamados (sempre respetando a orde da lista) para cubrir prazas non cubertas por situación de renuncia voluntaria e/ou procesos de incapacidade temporal.

NOVENA.- Incidencias.

A Comisión Seleccionadora queda autorizada para resolver as dúbidas que se presenten, e para adoptar os acordos necesarios para o bo funcionamento do proceso de selección, en todo o non previsto nestas bases, fecendo constar na acta correspondente os acordos adoptados.

Aranga, 30 de maio de 2018. O alcalde."

 

Información adicional