BASES SELECCIÓN PERSONAL TEMPORAL (PEL 2019)

A Xunta de goberno local, por unanimidade dos membros presentes, acorda:

Primeiro: Proceder á convocatoria do proceso de selección para cubrir, con carácter laboral temporal, catro postos de traballo de peóns neste concello de Aranga, ao amparo do Programa PEL 2019 que financia a Deputación Provincial da Coruña.

Segundo: Aprobar as bases que rexerán a selección dos aspirantes , que se transcriben a continuación.

Terceiro: Dar conta ao Pleno Municipal, na primeira sesión ordinaria que realice, do contido deste acordo.

BASES PARA A CONTRATACIÓN DAS PERSOAS QUE CUBRIRÁN O CADRO DE PERSOAL DO "PROGRAMA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PEL CONCELLOS 2019"

PRIMEIRA.-Obxecto da convocatoria.

A presente convocatoria ten por obxecto a contratación laboral temporal , durante o prazo de 5 meses , de catro peóns neste concello de Aranga, a través do proceso de selección que se indica nas presentes bases, de conformidade co establecido no Real Decreto lexislativo 5/2015 de 30 de outubro que aproba o texto refundido da lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP), a lei 2/2015 de 29 de abril de emprego público de Galicia(LEPG), a lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das bases do réxime local , o Real Decreto lexislativo 781/1986 de 18 de abril que aproba o texto refundido das disposición legais vixentes en materia de réxime local, o texto refundido da lei do Estatuto dos traballadores aprobado polo Real Decreto lexislativo 2/2015 de 23 de outubro(TRET) e disposición concordantes, a efectos de executar as obras previstas no "Programa de Integración Laboral dos Concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes", segundo a Resolución de aprobación das bases para a convocatoria da subvención da Deputación Provincial da Coruña, publicada no Boletín Oficial da provincia nº26 do 6 de febreiro de 2019

SEGUNDA.- Modalidade de contratación e condicións do contrato.

Os contratos formalizaranse co obxectivo do fomento de emprego para as persoas incluídas en situación de risco de exclusión social baixo a modalidade de contrato temporal de duración determinada(Real Decreto 2720/1998)

A duración prevista do contrato é de cinco meses, e inicialmente está previsto que comenze o 1 de xuño e remate o 31 de outubro.

As retribucións brutas mensuais serán de 813,75 € incluída a porrata da extra.

A xornada será de seis horas diarias.

As tarefas a realizar polo persoal que se contrate están relacionadas coa finalidade de levar a cabo as labores de mantemento de estradas e pistas municipais, consistindo principalmente na preparación para o posterior rebacheo destas estradas e pistas.

TERCEIRA.- Condicións dos aspirantes.

Para tomar parte neste proceso selectivo, os aspirantes deben reunir os seguintes requisitos referidos todos e cada un deles a data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun estado membro da Unión Europea, nos termos previstos no artigo 57 do TREBEP; igualmente as persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores .

Tamén poderán participar os estranxeiros con residencia legal en España.

b) Posuír capacidade funcional e aptitude física e psíquica para o desempeño das tarefas obxecto deste contrato

A estes efectos establécese a igualdade de condición das persoas con necesidades especiais cos demais aspirantes, non podéndose fixar, con carácter xeral, limitacións físicas ou psíquicas, agás nos casos nos que sexan incompatibles co normal desempeño do traballo correspondente, adaptándose polo tribunal selectivo as medidas e medios precisos para a realización das probas, de xeito que gocen da mesma igualdade de oportunidades que os demais participantes. Para este fin, os aspirantes con minusvalía farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.

A condición de minusvalía, o seu grao e a súa compatibilidade co exercicio das función do posto de traballo, acreditarase mediante certificación para o efecto expedida polo organismo competente.

c) Ter cumpridos dezaseis anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais e estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaba no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional de outro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos ou acceso ao emprego público.

e) Non estar incurso en causa de incompatibilidade conforme ao estabrecido na lei 53/1984 de 26 de decembro de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas .

f) Ser demandante de emprego, polo que será requisito imprescindible estar inscrito/a como demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia, dacordo co previsto no punto dous das Bases do Programa de Integración Laboral publicado pola Deputación Provincial para a execución de obras e servizos mínimos municipais .

g) Encontrarse en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo e incluídas nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral, consoante coa bases 2.1 do Programa de Integración Laboral aprobado pola Deputación Provincial da Coruña:

·  Mulleres, por ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes. Acreditaráse con fotocopia do DNI.

·  Maiores de 45 anos. Acreditaráse con fotocopia do DNI.

· Persoas desempregadas de longa duración. A efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego. Acreditaráse mediante informe de vida laboral actualizado.

·  Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grado igual ou superior ao 33%. A acreditación de discapacidade se realizará coa presentación dunha fotocopia do certificado de minusvalía, debidamente actualizado, expedido polo órgano competente.

· Persoas en situación de drogopendencia. Acreditaráse con informe dos servizos sociais municipais.

· Persoas que vivan nun hogar onde ningunha teña emprego. Acreditaráse con informe dos servizos sociais municipais.

· Persoas en fogar monoparental/monomarental. Acreditaráse con informe dos servizos sociais municipais.

· Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais. Acreditaráse con informe dos servizos sociais municipais.

· Persoas vítimas da violencia de xénero. Acreditaráse con informe dos servizos sociais municipais.

· Persoas sen fogar. Acreditaráse con informe dos servizos sociais municipais.

h)Ter a categoría profesional necesaria para o posto a cubrir.

CUARTA- Requisitos de selección. Solicitude dos aspirantes

As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo deberán facerse mediante instancia dirixida ao sr.alcalde en modelo que figura no Anexo I destas bases, no prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Presentaráse no Rexistro Xeral do concello, de forma presencial ou a través da sede electrónica o nalgún lugar dos previstos no artigo 16.4 da lei 39/2015 de procedemento administrativo común das Administracións públicas.

As bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia e na páxina Web(www.aranga.es).Os anuncios restantes relativos a este procedemento publicaránse na páxina web do concello

Nas instancias os aspirantes farán constar que reúnen os requisitos establecidos na base terceira e adxuntarán:

-Fotocopia do DNI

-Documentación acreditativa de ser demandante de emprego:Tarxeta de demandante de emprego ou informe de situación administrativa de alta. O tempo de desemprego acreditarase mediante certificación acreditativa de inscrición no Servizo Público de Emprego

-Documentación xustificativa dos méritos alegados polos aspirantes.

Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os interesados aceptan e acatan as bases da convocatoria.

QUINTA.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o alcalde ditará resolución aprobando a listaxe provisional de admitidos e excluídos e publicarase na páxina web do concello a efectos da presentación de reclamacións no prazo de dous días contados dende o seguinte á publicación.

Na mesma resolución determinarase o lugar , data e hora de valoración da fase de concurso e a celebración da oposición, así como a composición do tribunal.

De non existir aspirantes excluídos a lista provisional aprobarase como definitiva.

Contra esta resolución e outras que resolvan subsanación de defectos poderán interpoñerse os recursos previstos na lei 39/2015 de 1 de outubro do procedemento administativo común das Administracións públicas.

SEXTA.-Comisión seleccionadora.

A comisión seleccionadora será designada pola alcaldía contando cun presidente, un secretario e tres vogais. Deberá respectarse o establecido no artigo 60 do Real Decreto Lexislativo 5/2015 de 30 de outubro que aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.

Non poderá constituírse nin actuar sen asistencia de máis da metade dos seus membros, sendo precisa en todo caso a asistencia do presidente e secretario.

A Comisión está facultada para a interpretación das presentes bases asi como para resolver as dúbidas que xurdan na súa aplicación.

SÉTIMA.-Proceso de selección.

O proceso de selección realizaráse conforme as presentes bases, mediante concurso -oposición.

Fase de concurso, na que se poderá obter un máximo de 5 puntos, no que se valorarán as seguintes circunstancias:

-Ter acabado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas Administración Publicas : ata un máximo de 2 puntos.

Para valorar estes programas terase en conta que estean dirixidos a persoal en risco de exclusión social; contido e número de horas.

- Experiencia profesional : por cada mes traballado na Administración Pública ou empresa privada relizando tarefas directamente relacionadas co posto de traballo ao que se opta: 0,1 punto ata un máximo de un punto.

-Responsabilidades familiares: ate un máximo de 2 puntos.

A valoración será a seguinte: unidade familiar de ate 3 membros: 1,00 punto; de 4 membros: 1,50 puntos; de 5 ou máis membros: 2,00 puntos.

Acreditación dos méritos:

• A realización dos programas acreditarase mediante documento expedido pola autoridade correspondente onde conste o seu título, o nome, apelidos e DNI do participante e número de horas.

• A experiencia laboral acreditarase mediante certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social acompañada dos contratos de traballos ou certificación de servizos prestados ou certificado de empresa no que se indique o posto ocupado.

• As responsabilidades familiares mediante libro de familia, certificado de convivencia ou autorización á Administración municipal para comprobalo de oficio no padrón municipal de habitantes, no caso de pertenecer a familia ao Concello de Aranga .

Fase de Oposición : Proba escrita u oral : (ata un máximo de 5 puntos)

A Comisión Seleccionadora realizará aos/as candidatos/as unha proba escrita u oral, segundo o número de candidatos/as na que se conterán preguntas relacionadas coas tarefas a desenvolver no posto de traballo, coñecemento do término municipal e coñecemento sobre as ferramentas habituais do posto de traballo.

As dúbidas que se susciten serán resoltas pola Comisión, que terá a facultade de interpretar estas bases, facendo constar na acta correspondente os acordos adoptados.

OITAVA .-Proposta de contratación e formalización do contrato.

Rematada a cualificación, a Comisión publicará na paxina Web e no taboleiro de edictos o nome dos aspirantes aprobados pola súa orde de puntuación total final e elevará ao Alcalde a proposta de contratación.

Ditos/as aspirantes propostos/as presentarán dentro dos dous días hábiles seguintes, e antes das 12:00 horas, os documentos acreditativos do cumprimento dos requisitos da Base Terceira.

A formalización do contrato realizarase conforme ó previsto na lexislación vixente.

NOVENA.-Lista de reserva.

A comisión seleccionadora, na última acta, incluirá unha relación dos aspirantes por orde decrecente da puntuación obtida. Os que formen parte da mesma poderán ser chamados (sempre respectando a orde da lista) para cubrir prazas non cubertas por situación de renuncia voluntaria e/ou cubrir situacións de baixa dos seleccionados.

DÉCIMA.-Normas finais.

A Comisión Seleccionadora queda autorizada para resolver as dúbidas que se presenten, e para adoptar os acordos necesarios para o bo funcionamento do proceso de selección, en todo o non previsto nestas bases, facendo constar na acta correspondente os acordos adoptados.

Todos os actos administrativos derivados desta convocatoria poderán ser impugnados nos caos e na foran establecidos na lei de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Contra as presentes bases e a resolución que as aproba, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses dende o seguinte á publicación da convocatoria.

Con caracter previo e potestativo poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que adoptou o acordo de aprobación, no prazo de un mes dende o día seguinte ao da publicación. Neste caso o contencioso-administrativo interporase logo da resolución expresa do mesmo ou no prazo de seis meses, contados dende o seguinte ao que se produza a desestimación presunta do de reposición.

Todo isto sen perxuizo de que se poida exercitar calquera outro recurso que se estime pertinente.

ANEXO I.- INSTANCIA PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO DE SELECCIÓN DOS PEÓNS QUE LEVARÁN A CABO AS OBRAS PREVISTAS NO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL PEL-CONCELLOS 2019".

D./Dª._____________________________________________________, co DNI número ________________________, e domicilio a efectos de notificacións en _______________

__________, Municipio __________, Código Postal __________, teléfono_____________,

dirección de correo electrónico__________________________.

Que SOLICITO tomar parte no proceso selectivo convocado polo concello de Aranga para cubrir catro prazas de persoal laboral temporal de peóns que leven a cabo o Programa de Integración Laboral PEL- Concellos 2019.

A tal efecto adxunto fotocopia do DNI e certificación acreditativa da inscrición no Servizo Público de Emprego .

DECLARO que coñezo e acepto as bases que rexen o proxecto selectivo e que reúno os requisitos esixidos, non estando incapacitado para desempeñar o posto e non estou incurso en prohibicións para contratar nin estou en situación de incompatibilidade.

Que cumpro o seguinte requisito ( marcar o que proceda ):

- Mulleres, por ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.

- Maiores de 45 anos.

- Persoas desempregadas de longa duración. A efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandanes de emprego.

- Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grado igual ou superior ao 33%. (A acreditación de discapacidade será comprobada polo Concello no proceso de selección das persoas a contratar.)

- Persoas en situación de drogodependencia.

- Persoas que vivan nun fogar onde ningunha teña emprego.

- Persoas en fogar monoparental/monomarental

- Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma o cuestións socioculturais

- Persoas vítimas da violencia de xénero

- Persoas sen fogar

Que relaciono os méritos que alego e achego a documentación acreditativa dos mesmos.

________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

Así mesmo, autoriza:

-A que sexan comunicadas as actuacións do expediente ao número de teléfono arriba indicado.

-O tratamento dos meus datos persoais coa finalidade de levar a cabo a selección de persoal, o rexistro de solicitudes de persoas candidatas, a calificación de probas e avaliación, a súa esposición no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello de Aranga, aos efectos de dar a publicidade esixida ó prodecemento de contratación.

Polo que SOLICITO ser admitido/a no correspondente proceso selectivo.

Aranga, de de 2019"

Aranga ,_____de __________________ de 2019.

O Alcalde:

Asdo:Alberto Platas Álvarez

Información adicional