CLAUSURA DO OBRADOIRO DE EMPREGO“ACTIVIDADES DE CONSERVACIÓN E MELLORA FORESTAL NA COMUNIDADE INTERMUNICIPAL LAMBRE-MANDEO” 2018-2019

  • imprimir

clausura obradoiro 2018-19

Grazas ao investimento realizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e a colaboración dos concellos participantes: Aranga, Irixoa (promotor), Monfero e Vilarmaior.

Os 20 alumnos-traballadores participantes acceden ao Certificado de Profesionalidade:

"Actividades auxiliares en conservación e mellora de monte"

Familia Profesional: Agraria

Nivel de cualificación profesional: 1

Ademais imparteuse formación complementaria aos participantes en:

  •  Alfabetización informática
  • Sensibilización ambiental
  • Formación para a igualdade
  • Prevenciónde riscos laborais
  • Orientación e información profesional
  • Formación compensatoria.

Na parte práctica os alumnos fixeron traballos de conservación e mellora en Aranga na área forestal Mirador do Vieiro e na área recreativa fluvial Ponte de Aranga. En Irixoa levaron a cabo traballos de conservación e mellora da rutas forestais de Veiga do Mandeo a Xielas e de Xielas a Amabalasusaguas e desde As Pías a Zarzo. En Monfero traballaron no área verde de Monteiro e finalmente en Vilarmaior fixeron actuacións de mellora na ruta do Muiño das Ferreñas e nas áreas recreativas de Armada, Torres e  O Tres.