BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA E PROCESO DE SELECCIÓN PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL NA CATEGORÍA DE LIMPIADOR/A NO CONCELLO DE ARANGA.

A Xunta de Goberno Local de Aranga, na sesión do 18/02/2020 acordou proceder á convocatoria do proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego de persoal laboral temporal na categoría de limpiador/a neste concello de Aranga.

O que se fai público a efectos do seu coñecemento e efectos, iniciándose o prazo de quince días naturais para a presentación de instancias a partir do día seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA E PROCESO DE SELECCIÓN PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL NA CATEGORÍA DE LIMPIADOR/A NO CONCELLO DE ARANGA.

1.- OBXECTO.

Estas bases teñen por obxecto regular o sistema de selección, formación e funcionamento dunha bolsa de emprego de persoal laboral temporal para posibles coberturas temporais , modalidade laboral, de postos de limpiador/a de edificios municipais mediante un procedemento áxil que respecte os principios de transparencia, igualdade , mérito, capacidade e publicidade , para atender necesidades que teña o concello desta clase de persoal.

O procedemento regulado nestas bases rexerase pola normativa básica estatal constituída polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP), a Lei 7 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (LBRL), o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposición legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL), o Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local, a Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas,o Real Decreto Lexislativo 2/2015,

de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, o Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada; a normativa autonómica de aplicación constituída pola Lei 2/2015, de 29 de abril, do empregado público de Galicia, Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección de persoal ao servizo da Administración Autonómica de Galicia e Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e, supletoriamente, polo Real 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado e demais lexislación concordante e de aplicación.

2. SUPOSTOS DE APLICACIÓN E DURACIÓN DA CONTRATACIÓN.

As prazas vacantes que poderán ser cubertas mediante un/unha candidato/candidata que formen parte da bolsa de traballo serán aqueles que se produzan como consecuencia dalgún dos supostos seguintes:

- Cobertura transitoria de postos de traballo vacantes ata a súa cobertura definitiva por persoal laboral fixo: Contrato temporal de interinidade.

- Substitución transitoria dos titulares nos casos que prevee a normativa: Contrato temporal de interinidade.

- Exceso ou acumulación de tarefas na actividade normal do servizo. Duración máxima do contrato: seis meses dentro dun período de doce, contados dende o momento no que se produzan as ditas causas: Contrato eventual por circunstancias da produción.

A duración do contrato en ningún caso superará os tres anos, nin o mesmo traballador/a poderá estar contratado mediante dous ou máis contratos temporais para o mesmo posto durante un prazo superior a 24 meses , nun período de 30 ( nese caso se se prevee que coa nova contratación pode superarse este prazo, se pasará ao seguinte candidato da lista) . En caso do contrato de interinidade extinguiráse por reincorporación do traballador, ou por finalización da causa que o orixinou o calquera outra causa que finalice a relación laboral do substituto.O contrato eventual por cincunstancias da producción extinguese no prazo acordado, que non excederá dos seis meses.

En consecuencia, terminada a situación que motivou o nomeamento, a persoa contratada para ocupar temporalmente a praza será cesada.

3.-PUBLICIDADE DA CONVOCATORIA.

A convocatoria anunciaráse mediante a publicación dun anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios municipal asi como na páxina web do concello : www.aranga.gal.

4.- CARACTERÍSTICAS DA BOLSA DE EMPREGO.

Co resultado do proceso selectivo confeccionarase unha bolsa de emprego cos aspirantes que superaron as probas , por orde da puntuación, procedéndose, no seu momento, a súa contratación e nomeamento, de forma correlativa e decrecente, en función das necesidades que surxan e sen prexuicio de que a corporación estableza un procedemento de selección concreto e diferenciado cando se requira un perfil profesional específico.

A bolsa permanecerá en vigor durante un período mínimo de tres anos, ou ata que se realize unha nova bolsa de emprego.

6. CARACTERÍSTICAS DO POSTO: RETRIBUCIÓNS , XORNADA E FUNCIÓNSS.

O contido funcional básico do posto será o de limpeza de edificios municipais e as funcións serán ,en xeral , as descritas e recollidas na Relación de Postos de Traballo do concello de Aranga.

As retribucións a percibir serán as correspondentes á praza de limpiador/a que se seleccione e que se recollen na RPT e no anexo de persoal dos orzamentos municipais vixentes en cada momento.

A Xornada de traballo será á fixada para o posto na correspondente RPT. As vacacions e o horario adaptaránse ás necesidades do servizo.

7. REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES.

Para ser admitido no procedemento que se regula nestas bases, os aspirantes deberán reunir, na data en que remate o prazo de presentación de instancias segundo a convocatoria do proceso, os seguintes requisitos:

1. Ter cumpridos os dezaseis (16) anos de idade e non ter acadado a idade de xubilación forzosa.

2. Ser español/a ou na Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou persoa incluída no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por Estapa nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos do artigo 57.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015 de 30 de outubro que aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto do Empregado Público.

Tamén reunirá este requisito, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe de español/a ou de persoa nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores desa idade dependentes.

3. Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas atribuídas ao posto de traballo e non padecer enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.

Nembargantes establecese a igualdade de condicións das persoas minusválidas cos demais aspirantes, non podidendo fixar , con carácter xeral, limitacións físicas ou psíquics, agas nos casos nos que sexan incompatibles co normal desempeño do traballo correspondente, adoptándose polo tribunal, os medios precisos para a realización das probas, de xeito que gocen de igualdade de oportunidades como o resto dos aspirantes. A tal efecto os aspirantes con minusvalía farna constar na súa instancia se precisan a adaptación das probas.

A condición de minusvalía e o seu grado e compatibilidade co posto , acreditaráse mediante certificación expedida polo organismo competente.

4. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No suposto de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

5. Non estar incurso en causas de incompatibilidade ou de incapacidade de conformidade co disposto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.

6. Titulación requerida: Estudios primarios (ou Certificado de Estudos primarios derivado da lei 17/7/1945 de Educación Primaria e da lei 21/12/1965 de Reforma da Educación Primaria, expedido con anterioridade á finalización do curso 1975/1976 ou Título de Graduado Escolar a partir do curso 1975/1976) ou superior ou estar en posesión do Certificado de Profesionalilade de Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais (Código SSCMO108) obtido ao beiro do Real Decreto 1378/2009 de 28 de agosto polo que se establece un certificado de rofesionalidade da familia profesional Servizos socioculturais e á comunidade que se inclúen o Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade.

7. Estar en posesión do certificado de lingua galega 2 (CELGA 2) ou equivalente. No suposto de non posuír este certificado ou título equivalente o aspirante deberá superar a proba de coñecemento do idioma galego establecida na fase de oposición.

8.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.

As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán presentar unha Instancia dirixida á alcaldía de Aranga, no modelo normalizado que figura como Anexo II destas bases, no prazo de 15 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Para ser admitidos, os aspirantes manifestarán nas súas instancias que reúnen todos e cada un dos requisitos exisidos na base 7ª desta convocatoria, referidos ao día no que remate o prazo de presentación de solicitudes, debendo presentar a seguinte documentación:

a) Copia compulsada do DNI, pasaporte ou documento válido en dereito que a acredite.

b) Fotocopia compulsada da titulación requerida

c) No seu caso, copia compulsada do certificado ou título acreditativo de coñecemento da lingua galega CELGA 2 ou equivalente debidamente homologado para os efectos da exención do exercicio correspondente.

d) No seu caso, volante de empadroamento que acredite antiguedade de dous anos.

As instancias poderan presentarse no Rexistro Xeral do concello ou a través da Sede electrónica do concello ( neste caso a instancia no modelo do Anexo II deberá presentarse debidamente asinada poidendo presentarse copia simple da restante documentación. Igualmente poderá presentarse nas oficinas de correos , debendo neste caso aparecer o selo da correspondente oficina de correos na instancia comunicándoo simultáneamente ao cncello por fax ao número 981793581 ou por correo electrónico á dirección This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. .

Poden presentarse igualemente nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro, así como nas oficinas de asistencia en materia de rexistros. Nestos casos deberán facer saber esta circunstancia ao concello mediante un aviso enviado por correo electrónico ou fax, segundo o indicado no párrafo anterior.

Non se admitirán instancias que non se formulen no modelo oficial que figura no Anexo I.

9. ADMISIÓN DE ASPIRANTES.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o alcalde ditará resolución aprobando a lista de admitidos e excluídos, que se publicará na páxina web do concello e no taboleiro de edictos.

Os aspirantes excluídos ou omitidos terán o prazo de dous días hábiles , partir da publicación, para presentar reclamacións ou solicitudes de enmenda, que serán resoltas pola alcaldía o día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de reclamacións.

Na mesma resolución de aprobación da lista de admitidos e excluídos, indicaráse o día e hora estimado para o inicio das probas selectivas así como a composición do órgano de selección.

No caso de non producirse exclusións ou omisións, a dita resolución será definitiva.

A publicación dos sucesivos anuncios para a celebración das probas e as listas de aspirantes aprobados en cada proba, efectuaráse no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

10. ÓRGANO DE SELECCIÓN.

O órgano de selección será colexiado e como mínimo, constará dun Presidente, tres vogais e un secretario, que serán nomeados pola Alcaldía de conformidade co establecido no artigo 60 do Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público. A súa composición axustaráse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, exisible a cada un deles, e tenderáse á paridade muller/home.Deberán poseer titulación superior ou igual á esixida para o acceso á praza e non poderán pertenecer ao mesmo persoal de elección política , funcionarios interinos nin persoal eventual.

A pertenza aos órganos de seleccicón será sempre a título individuall non poidendo obstentarse representacións ou delegacións de ninguén.

Os membros do tribunal deberán absterse de formar parte destes e de intervir cando concurra algunha das circunstancias sinaladas no artigo 23.2 da leim 40/2015 do réxime xurídico do sector público. Non poderán formar parte do tribunal os funcionarios que realicen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria. Os membros do tribunal que esten incursos nalgunha destas causas deberá comunicarlo inmediatamente á autoridade convocante que resolverá o que proceda.

Os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal de acordo co establecido no artigo 24 da lei 40/2015.

O tribunal poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas para as probas que estime pertinente, limitándose os memso a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas e terán voz pero non voto. O seu nomeamento corresponde ao Alcalde a proposta do Tribunal.

O órgano de selección non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de polo menos a metade dos seus membros , titulares ou suplentes , debendo asistir sempre o Presidente e o secretario.

No que respecta a súa constitución e formación de vontade , rexeráse pola Lei 39/2019 de Procedemento administrativo común das admnistracións públicas, e estará facultado para a interpretación das presentes bases e resolver as dúbidas e problemas que se poidan plantexar.

Contra os acordos do tribunal poderá interpoñerse recurso de alzada ante a alcaldía.

11. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN.

A selección realizaráse de conformidade coas seguintes bases polo sistema de concurso-oposición.

A fase do concurso será previa á de oposición e non terá carácter eliminatorio nin será tido en conta para superar as probas de oposición.

Fase concurso:

O tribunal reuniráse con carácter previo para valorar os méritos da fase de concurso. A resolución resultante da valoración conterá para cada aspirante a puntuación global obtida na fase de concurso e publicaráse no taboleiro de anuncios do concello.

Os méritos a valorar serán :

Experiencia profesional. Se valorarán do seguinte xeito:

- Por cada mes completo de servizos prestados na administración pública , en prazas simialres ou iguais, se outorgarán 0,30 puntos . Se acreditará mediante a correspondente certificación expedida pola administración pública.

-Por cada mes completo de servizos prestados nunha empresa privada ou público se outorgarán 0,10 puntos. Se acreditará a través de certificado de cotizaación á Seguridade Social ( informe de vida laboral) acompañado dos oportunos contratos.

A máxima puntuación a obter será de 3 puntos.

Coñecemento do térmo municpal. A máxima puntuación a obter será de 1 punto. Acreditarase mediante un volante de empadroamento no que conste unha antigüidade mínima de 2 anos empadroado no concello. No seu defecto, realizarase, a quen a solicite, unha proba escrita.

Fase de oposición

O tribunal adoptará as medidas necesarias para garantir que os exercicios da oposición sexan correxidos sen que se coñeza a identidade dos apirantes, utilizando para o exame, modelos impresos nos que non poderá constar ningún dato de identificación do aspirante na folla que teña que ser correxida polo tribunal. O tribunal excluirá a aqueles candidatos en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan identificar ao examinado.

O tribunal, en calquera momento, poderá requerir aos opositores que acrediten a súa identidade.

Realizaránse dous/tres exercicios.

Primeiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio.Consistirá en contestar por escrito un cuestionario tipo test de 20 preguntas, máis 3 de reserva, con tres respostas alternativas, dirixido

a demostrar os coñecementos e habilidades precisas para o desempeño do posto de traballo. A súa duración máxima será dunha hora e o seu contido será determinado polo tribunal no momento anterior a súa realización.AS preguntas referiranse aos seguintes temas: Conceptos xerais de limpeza e fichas técnicas dos solos.; Ferramentas, Maquinaria e útiles básicos de limpeza;Limpeza de centros públicos. A limpeza nas áreas administrativas.Limpeza de cuartos de baño. Limpeza de aseos públicos.Productos químicos na limpeza.Funcións do persoal de limpeza. Asi mesmo poderá conter preguntas básicas en relación co tema da organización municipal, órganos necesarios e complementarios: O pleno, o alcalde, os Tenientes de Alcalde e a Xunta de Goberno Local, así como do tema do Empregado Publico: dereitos e deberes e código de conducta.

A proba calificaráse de 0 a 10 puntos, sendo necesario acadar un mínimo de 5 puntos para superalo.

Cada resposta acertada valerá 0,50 puntos e penalizaránse as preguntas mal contestadas con 0,15 puntos. As respostas en branco non restarán nin sumarán puntos.

A data, hora e lugar de celebración da proba publicaráse no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello, que servirá de convocatoria aos aspirantes que deberán persoarse cos seus DNI ou documento fidedigno da súa persoalidade.

Segundo exercicio: consistirá na traducción directa e inversa de varias frases , en castelán ou galego, cunha duración máxima de 30 minutos.

Corresponde ao tribunal determinar o nivel de coñecemento exisido para superar a proba.

A proba estará dirixida a comprobar que os aspirantes comprenden, falan ou escriben correctamente o galego. O exercicio puntuaráse como apto ou non apto.

Estan exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuir, con anterioridade á finalización do prazo de presentación de instancias, como mínimo o CELGA 2 ou equivalente, debidamente homologado, correspondente ao nivel de estudos esixido nas probas selectivas ,segundo a Orde de 10 de febreiro de 2014 que modifica a do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galea, aos que se lles asinará a cualificación de apto.

A proba terá carácter eliminatorio de xeito que as persoas que non a superen quedarán excluidas do proceso..

Terceiro exercicio: os aspirantes que o soliciten realizarán unha proba escrita a efectos de acreditar o coñecemento do termo municipal. A puntuación máxima a acadar na proba será de 1 punto. Non tera carácter eliminatorio.

12. SELECCIÓN.

O tribunal de selección reuniráse unha hora e media antes da determinada pola Alcaldía , para a confección da primeira proba escrita. Realizada a primeira proba publicaránse as respostas no

taboleiro de anuncios e na páxina web do concello , indicándose os aspirantes que a superasen, coa cualificación obtida. Os que non superen a primeira proba serán considerados non aptos e quedarán excluidios do proceso selectivo. De seguido se realizará a segunda proba, na hora que indique o tribunal, aos aspirantes respecto dos cales sexa necesario.

Concederáse o prazo de dous días hábiles para a presentación de reclamacións contra preguntas.Transcurrido o prazo de dous días hábiles o tribunal reuniráse para a resolución das reclamacións , se as houbera, realizando, no seu caso, unha nova valoración.

A puntuación final dos aspirantes virá determinada pola puntuación outorgada na fase de oposición , tendo en conta que será preciso para formar parte da bolsa de traballo, ademáis de acadar a puntuación mínima requerida no primeiro exercicio, acreditar estar en posesión do título de Celga 2 o ter superado coa cualificación de apto o segundo exercicio.

Calculada a puntuación o tribunal elaborará unha listaxe coa relación de aprobados , por orde decrecente, que constituirá a proposta de aprobación da bolsa de emprego dirixida ao órgano competente.

No suposto de empate nas puntuación, de dous ou máis aspirantes, o empate resolveráse por sorteo cuxa realización se realizará de forma pública no local onde se realizasen as probas.

Asío a orde definitiva dos aspirantes seleccionados virá determinada pola puntuación final obtida ao final do proceso e resultado do sorteo, no seu caso.

A bolsa de emprego será aprobada pola Alcaldía e publicaráse no Taboleiro de anuncios e na páxina web a efectos da notificación a todos/as participantes e demáis interesados.Contra a resolución aprobatoria, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo segundo a normativa vixente, o calquera outro recurso que se estime oportuno.

13. FORMACIÓN DA BOLSA DE TRABALLO. PROCEDEMENTO DE CHAMAMENTO E RENUNCIA.

A incorporación á bolsa de emprego de todas as persoas que superaron o proceso selectivo realizaráse por orde decrecente da súa puntuación no proceso selectivo.

Os chamamentos e nomeamento do persoal que sexan necesarios, realizaránse segundo a orde sinalada na resolución da alcaldía segundo o indicado no punto anterior. O chamamento faráse preferentemente pola Técnico Local de Emprego do concello de Aranga, a través do teléfono ou correo electrónico declarado polos aspirantes, debendo expedir dilixencia de confirmación da chamada ou do correo enviado. Faráse un máximo de tres intentos de chamamento e no caso de non ser localizado o candidato, pasaráse a chamar ao seguinte da lista.

O candidato chamado deberá presentar no concello, no prazo de tres días naturais, a contar dende o seguinte ao chamamento, a documentación requrida na base seguinte.

No chamamento indicaráse o número de orde no que se atopa na lista aprobada polo tribunal, de xeito que se o chamado non aporta a documentación debida no prazo inidicado, ou renuncia a prestar servizos, pasaráse ao seguinte da lista.

No caso de que non se localice ao candidato correspondente, non se considerará renuncia, de xeito que conservará o seu posto na lista para as próximas incorporacións. No caso de que o aspirante chamado xa estivera traballando nese momento para o concello, manterá igualmente o seu posto na lista.

Os que sexan chamados e renuncien ao posto ou non presenten a documentación requerida, si manifestan o seu interese en continuar na bolsa, perderán o lugar que ocupaban na mesma, pasando a ocupar o último posto na bolsa, salvo que resulten acreditadas cusas de forza maior.

Os aspirantes nomeados,, logo de finalizar o período de servizos, voltarán ao posto que ocupaban na bolsa ao ser chamados.

Seran excluidos da bolsa, os integrantes que renunciasen a formar parte dela, o fosen separados do servizo por razón disciplinaria ou por despido procedente.

A bolsa de emprego terá unha vixencia de tres anos a contar dende a súa publicación ou ata a constitución dunha nova bolsa de emprego.

14. NOMEAMENTO E FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.

O aspirante chamado segundo o indicado na base anterior, presentará a seguinte documentación no prazo de tres días naturais, a efectos de acreditar que reúne os requisitos da convocatoria, salvo os que tiña presentado xunto a solicitude:

- Certificado médico acreditativo de posuír a capacidade funiconal para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza facendo constar que non padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.

-Domiciliación da nómina.

- Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social, no seu caso.

O aspirante proposto, que dentro do prazo indicado presentase a documentación esixida , será nomeada mediante resolución da alcaldía, para o posto para o que foi chamado, incorporándose ao posto de traballo con carácter inmediato, debendo formalizarse o contrato no prazo de tres días naturais dende o seu nomeamento.

15. NORMA FINAL.

Estas bases, a súa convocatoria, e cantos actos administrativos deriven das mesmas, poderán ser impugnadas polos interesados nos casos e na forma prevista na lei 39/2015 de 1 de outubro de Procedemento administrativo das administracións públicas, mediante a interposición do recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes dende o día seguinte a súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do contencioso , no prazo de dous meses dende a publicación .

Todo esto, sen prexuicio de calquera outro recurso que se estime oportuno.

ANEXO I. MODELO DE INSTANCIA PARA PARTICIPAR NA FORMACIÓN DA BOLSA DE TRABALLO PARA POSIBLES PROVISIÓNS TEMPORAIS DE PERSOAL LABORAL NA CATEGORÍA DE LIMPIADOR/A.

"D.Dª.____________________________________________________________________________

_____________, con DNI número _________________, con domicilio a efectos de notificacións en

________________________________________, teléfono ______________ e correo electrónico

___________________,

Tendo coñecemento da convocatoria convocada polo concello de Aranga para tomar parte no proceso de formación da bolsa de emprego para posibles provisións temporais de persoal limpiador/a.

SOLICITO tomar parte no dito procedemento selectivo e ser declarado admitido.

DECLARO:

-Que coñezo e acepto as bases que rixen a convocatoria e reúno os requisitos esixidos, sendo certos os datos consignados nesta solicitude.

- Non ter sido separado ou separada mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. E no suposto de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente e que impida, non seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

- Non estar afectado ou afectada por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ó servizo das administracións públicas.

A tal efecto achego orixinal ou fotocopia compulsada dos seguintes documentos:

- Documento nacional de identidade ou pasaporte

- Certificación de aptitude do Celga 2 ou do curso de aptitude equivalente ou ben a validación correspondente.

- Titulación requerida na base sétima da convocatoria.

- Volante de empadroamento de máis de dous anos.

- Méritos alegados, e xustificación dos mesmos.

Aranga, de de 2020

SR. ALCALDE DO CONCELLO DE ARANGA.

De conformidade co disposto na lei de protección de datos de carácter persoal, informámoslle de que os datos recollidos neste documento formarán parte dun ficheiro automatizado, propiedade do concello de Aranga, cuxa finalidade é a súa xestión para o correcto funcionamento deste. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelació ou oposición , segundo o disposto na lei."

Aranga, 3 de marzo de 2020

O alcalde.Asdo.Alberto Platas Álvarez

Información adicional