PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

A Consellería de Traballo convoca Programa de promoción do emprego autónomo e proceder á súa convocatoria para o ano 2012.

A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais fomentando a creación de emprego mediante a contratación indefinida da súa primeira persoa traballadora desempregada

a) Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, e que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia, sempre que:

– Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

– Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

– Non percibisen subvencións ao abeiro do Programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.

– Non desenvolvesen como traballadores ou traballadoras autónomos/as a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como traballadores ou traballadoras autónomos/as en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade nos tres meses inmediatamente anteriores.

b) Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias da subvención pola primeira contratación indefinida os traballadores ou traballadoras autónomos/as ou profesionais xa constituídos, que realicen esta contratación durante o seu primeiro ano de actividade e para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

A contía desta subvención será a seguinte:

A) 4.000 € pola contratación indefinida dunha persoa desempregada en xeral.

B) 5.000 € pola contratación indefinida dun mozo desempregado de 30 ou menos anos.

C) 5.000 € pola contratación indefinida dunha muller desempregada.

D) 5.600 € pola contratación indefinida dunha moza desempregada de 30 ou menos anos.

E) 6.000 € pola contratación dunha persoa desempregada que esgotase a prestación por desemprego, unha persoa desempregada de longa duración, unha persoa desempregada emigrante retornada, unha persoa desempregada con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

F) 2.000 € pola transformación dun contrato temporal en indefinido. Esta contía será de 2.500 euros se o traballador é un mozo de 30 ou menos anos de idade e de 3.000 euros se é unha muller.

O prazo estará aberto ata o 30 de setembro de 2012

Información adicional