FONDO DE COMPENSACIÓN AMBIENTAL 2018

fondo de compensacion ambiental

Ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2018, concedeuse ao Concello de Aranga (promotor), xunto cos concellos de Irixioa, Monfero e Vilarmaior unha axuda para a contratación de 8 péons, para levar a cabo o proxecto "Creación e posta en marcha da brigada ambiental 2018",  desenvolvendo o seu traballo nos catro concellos participantes.

cartel informativo vespa velutina

vespavelutina

xornadas: a produción de mel e o control da vespa velutina

programa xornada velutina2

taller de participación infraestrutura verde da área da coruña

O vindeiro martes 27 de marzo, ás 16:30 h, vaise realizar un taller de participación en relación coa Infraestrutura Verde da Área da Coruña, no que nos gustaría que participedes xa que consideramos que son necesarias, mellor dito imprescindibles, todas as aportacións que poidan facerse a este proxecto que lle afecta ao noso concello e a factores tan importantes como o cambio climático e a protección da natureza e que teñen tanta incidencia no futuro do noso territorio.

Achegámosvos unha breve descrición do proxecto:

A Comisión Europea está desenvolvendo unha estratexia para unha Infraestrutura Verde Europea, definida como un concepto que integra a conectividade dos ecosistemas, a protección e a provisión de servizos ecosistémicos e a adapatación ao cambio climático, asegurando a provisión sostible destes servizos e incremento a resilencia dos ecosistemas.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, a Fundación Juana de Vega, a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas Betanzos e o Instituto Tecnolóxico de Galicia acordan formalizar un Convenio para o desenvolvemento da Infraestrutura Verde da Área da Coruña, esta reúne as condicións idóneas para abarcar unha grande variedade de hábitats (litoriais, fluviais, urbanos, bosques), espazos naturais protexidos, patrimonio cultural que conviven cunha elevada densidade de poboación e un notable desenvolvemento económico, ao que hai que engadir algunhas experiencias previas xa exitosas como é a da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A Infraestrutura Verde da área da Coruña trátase dun proxecto pioneiro en Galicia que pode asentar as bases metodolóxicas para outras zonas da comunidade.

Mais información:

http://marinasbetanzos.gal/es/infraestrutura-verde-da-area-metropolitana-da-coruna/

http://marinasbetanzos.gal/es/infraestrutura-verde-da-area-metropolitana-da-coruna/estratexia-da-infraestrutura-verde/

11 cartel taller aranga 27mar 2

feira de emprego xuvenil

feira

CLAUSURA OBRADOIRO DE EMPREGO

O pasado luns tivo lugar o acto de clausura do  Obradoiro de Emprego " Axardinamento de parques municipais e espazos públicos".

Ademais dos alcaldes dos Concellos de Aranga (promotor), Irixoa, Monfero e Vilarmaior asisteu por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o Xefe Territorial da Coruña Isidoro Martínez.

clausuraoexardins1 1

obradoiroempregoaxardinamento.wordpress.com

clausuraoexardins1 2

Información adicional