IV PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO AGROALIMENTARIO DA FUNDACIÓN JUANA DE VEGA

Tes unha idea de negocio no sector agroalimentario e queres facela realidade?

A Fundación Juana de Vega convoca o IV PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO AGROALIMENTARIO co obxectivo de axudar aos emprendedores a desenvolver as súas ideas empresariais, convertelas en proxectos de negocio e materializalas en empresas reais, innovadoras e competitivas.

O vindeiro xoves 19 de novembro, ás 10:15 h no salón de actos do CFEA de Guísamo (Lugar de Bos, nº14, Guísamo, Bergondo, A Coruña) terá lugar, a cargo do director da Fundación Juana de Vega, a presentación para os interesados da nova convocatoria do Programa, cuxo prazo de inscrición remata o 31 de decembro.

Para máis información do Programa podes consultar a páxina web:

http://programa.juanadevega.org/

PROMOCIÓN DO COMERCIO NO CONCELLO DE ARANGA

O sábado pasado tiveron lugar as xornadas de promoción do comercio de produtos hortícolas, silvestres e elaborados na casa, en colaboración coa Deputación da Coruña e impartidas por Carmen Freire, persoa que coñece profundamente esta actividade e que achegou os seus coñecementos dunha maneira clara e concisa.

teora

 

O contidos destas xornadas estiveron centrados na promoción da incorporación de labregos as asociacións de produtores que existen na contorna. Así como o estudo das especies, plantacións e distintos aproveitamentos que podemos facer dos recursos que posuímos.

A crecente creación de grupos de consumo destes produtos fai que a demanda estea a dispararse e que sexa unha actividade con futuro no noso territorio.

En horario de tarde fixemos unha visita a Labrecos Labregos Ecolóxicos no Concello de Cesuras, que nos ensinaron a súa produción a descuberto e en invernadoiro, así como algunha outra adicada á crianza de porco celta e galiñas de razas autóctonas.

visitacesuras2

visitacesuras

Queremos agradecer a dispoñibilidade e amabilidade que nos mostraron, así como o entusiasmo que nos transmitiron, as ganas de recuperar actividades económicas ligadas ao rural, á calidade de vida que nos proporcionan as actividades vencelladas á terra e o seu coidado, que nos beneficia a todos indirectamente.

XORNADAS PARA A PROMOCIÓN DO COMERCIO NO CONCELLO DE ARANGA

 

 xornadas formacin-12

Ler máis:XORNADAS PARA A PROMOCIÓN DO COMERCIO NO CONCELLO DE ARANGA

CAMPAÑA DOMICILIARIA DE SEPARACIÓN DE RESIDUOS DOMÉSTICOS

No mes de setembro tivo lugar unha campaña domiciliaria para concienciar aos veciños do concello da necesidade da correcta separación dos residuos domésticos.

Para a realización deste proxecto contouse cunha axuda da Deputación da Coruña para contratar a persoa encargada de realizar as visitas aos domicilios da veciñanza.

capaadomiciliologo-azul-horizontal

Anteriormente realizouse unha campaña informativa conxunta cos Concellos de Irixoa e Vilarmaior, denominada “ Se reciclas aforras”.

Este proxecto é unha continuidade do anterior, co que se pretende que os veciños teñan en conta que se debe facer unha xestión máis sostible dos residuos, que os distintos residuos deben depositarse cada un no contedor adecuado, e no caso de ter dúbidas informarse nas oficinas municipais.

Na fotografía a persoa encargada de realizar a campaña, Vanessa Deibe Maroño, entrégalle ao alcalde de Aranga, Alberto Platas Álvarez, a documentación que contén a información recollida na campaña.

Aberto o proceso de Convocatoria Pública para Uso nave no Viveiro Municipal de Empresas de Iñás para transformación agroalimentaria

Dende a Asociación Mariñas Betanzos estase a traballar na xeración de emprego, apoiando o emprendemento e a incorporación de novos activos á actividade agraria, no marco da agricultura ecolóxica e a recuperación dos cultivos tradicionais, mediante o desenvolvemento de actividades de acompañamento, aprendizaxe, titorización, do establecemento de relacións co sector, fundamentalmente coa pequena empresa agraria e a agroalimentaria así como as súas conexións co sistema galego de innovación. Tamén apoia pequenos proxectos encamiñados a potenciar a competitividade das pemes agroalimentarias do territorio, tentando incidir en aspectos como a optimización de procesos produtivos, novas producións e técnicas de elaboración, mellora enérxetica, reforzo da ligazón das producións co territorio....

Mais información no seguinte enlace:

https://biosferamarinasbetanzos.wordpress.com/2015/06/25/aberto-o-proceso-de-convocatoria-publica-para-uso-nave-no-viveiro-municipal-de-empresas-de-inas-para-transformacion-agroalimentaria/

Sistema CLAVE

Queremos ofertar aos veciños a posibilidade de acceder a servizos da Administración Xeral do Estado sin ter que desplazarse.

O sistema CLAVE permite pedir unha cita médica, presentar a Declaración da Renda, solicitar un informe de vida laboral, pedir un informe das bases de cotización, solicitar a tarxeta sanitaria europea, coñecer a evolución dunha pensión, consultar os puntos e antecedentes na DXT, consultar e certificar datos catastrais, solicitar cita previa nunha oficina da Seguridade Social,etc...

Estan incoporadas a este sistema a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social, o Instituro Social da Mariña, a Dirección Xeral do Catastro, a Dirección Xeral de Tráfico e o Ministerio de Industria.

O sistema consiste na asignación a cada persoa física dun mesmo nome e contrasinal, que terán carácter permanente, e que lle servirán para acceder aos datos seus en calquera das administracións antes referidas. Tamén disfrutará da vantaxe de poder acceder desde calquera dispositivo electrónico (tablet, teléfono móvil...)

O interesado en obter o usuario e clave permanente para acceder ao "Sistema CLAVE" deberá acudir en persoas as oficinas da Axencia Tributaria ou da Seguridade Social e aportar o DNI ou NIE, e a súa data de validez, o seu número de teléfono móbil e unha dirección de correo electrónico.

Para evitar o desprazamento a esas oficinas das persoas que desexen acceder ao sistema, os interesados faran unha inscrición no concello, ata o 12 de xuño. (teléfono 981793551 , preguntando por Pilar)

Os funcionarios da Tesourería da Seguridade Social acudirán ó concello para que os interesados poidan asinar os correspondente contratos diante deses funcionarios, que procederán á activación do sistema e resolverán as dúbidas que teñan os usuarios.

Listado de servizos ós que se pode acceder na actualidade na sede electronica da Seguridade Social

sistema clave

Información adicional