DÍA DA ARBORE 2015

manifesto diaarbore2015

dia arbore 1

dia arbore4

dia arbore 3

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CENTRADO NO CULTIVO DO LÚPULO

No marco do Proxecto SAGITER, a Federación EFA Galicia, en colaboración coa Cooperativa LUTEGA e a Corporación Hijos de Rivera ponse en marcha un concurso de fotografía centrado no cultivo lúpulo na comarca, dende os anos 50 ata a actualidade. Outorgaranse TRES PREMIOS nas dúas categorías convocadas, dous premios na categoría xeral de fotografía e un premio na categoría especifica de documentos. Os premios consistirán en obsequios aportados polas empresas colaboradoras Corporación Hijos de Rivera e Cooperativa LUTEGA.

Información na web:

http://www.marinasbetanzos.com/2014/08/concurso-ouro-verde-na-comarca-das.html

GARANTIA XUVENIL

É unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos xóvenes menores de 25 anos ó mercado de traballo. En España enmárcase na estrategia de "Empredimiento Joven" aprobada en febreiro de 2013 polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

Máis información no seguinte enlace:

http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/home.html

Para inscribirse:

http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/darsealta.html

XORNADAS DE MOTIVACIÓN PARA EMPRENDER NO CONCELLO DE OZA-CESURAS

xornadas oza-cesuras - cartel a3  pequeno 1

VISITA DA DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA

pistasantiso3

No día de onte a Delegada Territorial da Xunta visitou xunto co Alcalde de Aranga as obras realizadas como resultado das inversións incluídas na solicitude de axuda remitida o abeiro do Plan Marco de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal (2013-2014)

Grazas á subvención concedida pola Consellería do Medio Rural e do Mar, nesta ocasión, procedeuse ó arranxo dos camiños que van dende Santiso á Fraga (Parroquia de Vilarraso) e do que vai dende Silvarredonda a Vallo (Parroquia de Fervenzas).

pistavallo2

Aproveitouse a ocasión para transmitir á Delegada Territorial da Xunta a necesidade de arranxar a estrada que une a Reborica con Cambás nos tramos pendentes de mellorar o firme.

De feito, este proxecto incluirase na solicitude de axuda que se remitirá dentro do mesmo Plan Marco para a anualidade 2014-2015.

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/0064/xunta-galicia-investira-case-169-000-euros-mellora-dos-caminos-rurais-concello

XORNADAS "APROVEITAMENTOS FORESTAIS NO CONCELLO DE ARANGA"

Coa axuda da Deputación da Coruña o pasado sábado tivo lugar a actividade coa que se pretendia promover actividades de xestión dos montes, dos que se poden obter numerosos produtos...

sam 0543sam 0548

sam 0550sam 0560

Información adicional