DÍA INTERNACIONAL DA ARBORE

SE RECICLAS, AFORRAS

No concello de Aranga organizouse unha campaña inormativa para os veciños/as sobre as boas prácticas a acometer na xestión do lixo.

Convocámosvos para que acudades a estas xuntanzas por que todos somos partícipes na reciclaxe, tamén nos interesa coñecer as vosas inquedanzas e recoller as propostas de mellora do servizo que se queiran facer.

 

12 DE MARZO:

16:30h. Local Social do Toxiño

18:30h. Anexo CEIP A Castellana.

19 DE MARZO:

17:00h Biblioteca de Ponte Aranga.

 

VISITA DO VICEPRESIDENTE DA XUNTA E DA DELEGADA TERRITORIAL ÓS CONCELLOS DE ARANGA E MONFERO

 

 Rueda visitou Aranga para facer balance do traballo da brigada medioambiental que comparte con Monfero grazas ao Fondo de Compensación Ambiental, gracias a este proxecto poidose contratar a 8 persoas desempregadas veciñas dos Concellos de Aranga e Monfero.

A brigada encargouse da prevención de incendios mediante tratamentos preventivos en vías, camiños e outras superficies forestais en ambos municipios. Realizaron traballos de prevención, vixilancia, extinción e control de incendios forestais; e contribuíron á recuperación do medio natural, evitando o deterioro e conservando a biodiversidade.

Compartindo este servizo, Aranga e Monfero aforraron custes, gañaron en eficiencia e ofreceron un mellor servizo aos seus cidadáns. Tres obxectivos nos que traballa a Xunta e polos que se está a discriminar positivamente nas subvencións ás entidades locais que aposten pola prestación conxunta de servizos.

O Fondo de Compensación Ambiental é unha iniciativa que o Goberno da Xunta puxo en marcha en 2010 e que permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións que se realizan son financiadas a través do canon eólico.

Poden ler máis sobre esta nova:

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/0148/xunta-destaca-importancia-colaboracion-entre-municipios-para-facilitar-acceso

CURSO DE CONDUCCIÓN E MANEXO CARRETILLA ELEVADORA

cartelcarretillero

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE SELECCIONADOS

A listaxe do personal e alumnos-traballadores seleccionados para a realización do Obradoiro de Atencion Sanitaria no Fogar pode consultarse no taboleiro de anuncios do concello.

Ábrese un prazo para reclamacións ata o día 22 de outubro de 2013, as 14:00h.

OBRADOIRO DE EMPREGO

Traballo aproba o obradoiro que beneficiará a 20 persoas desempregadas dos concellos de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior

Monfero, 7 de agosto de 2013.- A comisión de valoración da Consellería de Traballo e Benestar vén de aprobar o obradoiro de emprego que foi solicitado de forma conxunta polos concellos de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior. Esta iniciativa contará cun orzamento de 177.668 euros e beneficiará a 20 persoas en situación de desemprego destes catro municipios.

Ler máis:OBRADOIRO DE EMPREGO

Información adicional