CURSO DE CONDUCCIÓN E MANEXO CARRETILLA ELEVADORA

cartelcarretillero

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE SELECCIONADOS

A listaxe do personal e alumnos-traballadores seleccionados para a realización do Obradoiro de Atencion Sanitaria no Fogar pode consultarse no taboleiro de anuncios do concello.

Ábrese un prazo para reclamacións ata o día 22 de outubro de 2013, as 14:00h.

OBRADOIRO DE EMPREGO

Traballo aproba o obradoiro que beneficiará a 20 persoas desempregadas dos concellos de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior

Monfero, 7 de agosto de 2013.- A comisión de valoración da Consellería de Traballo e Benestar vén de aprobar o obradoiro de emprego que foi solicitado de forma conxunta polos concellos de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior. Esta iniciativa contará cun orzamento de 177.668 euros e beneficiará a 20 persoas en situación de desemprego destes catro municipios.

Ler máis:OBRADOIRO DE EMPREGO

CONVOCADAS AS AXUDAS PARA O FOMENTO DO EMPREGO EN EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL E DE PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO PARA O ANO 2013

O DOG nº 116 de data de 19 de xuño de 2013, publica a Orde do 11 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Ler máis:CONVOCADAS AS AXUDAS PARA O FOMENTO DO EMPREGO EN EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL E DE PROMOCIÓN DO...

CONVOCATORIA DE AXUDAS NO DOG DE 21 DE XUÑO DE 2013

doga

-RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convocan para o ano 2013 as axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE).

-ORDE do 5 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ao comercio de proximidade para a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) e fomento do comercio electrónico, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN214A).

-ORDE do 13 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria, e para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013.

CLAUSURA DO OBRADOIRO DE EMPREGO DE XARDINERÍA

discurso

O 19 de xuño tivo lugar a clausura do obradoiro de emprego realizado polos Concellos de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior, do que se beneficiaron 20 persoas desempregadas dos catro municipios.

grupo

Belén Docampo (Delegada Territorial da Xunta de Galicia), asistiu a este evento no que ademais de entregar os títulos correspondentes á formación recibida en ACTIVIDADES AUXILIRARES EN VIVEIROS, XARDÍNS E CENTROS DE XARDINERÍA durante 6 meses, que lles permitirá obter o Certificado de Profesionalidade correspondente, visitou tamén ás obras realizadas nos distintos concellos, chamando a súa atención a calidade nos resultado do acondicionamento de distintos espacios públicos.

fonte




Información adicional