COMUNIDADE INTERMUNICIPAL LAMBRE-MANDEO DE SEVIZOS PÚBLICOS CONSORCIADOS

lambre-mandeo 4

Os alcaldes de Aranga, Monfero, Vilarmaior e Irixoa asinaron esta mañá xunto co presidente da Deputación da Coruña, o documento marco polo que se formaliza a creación da Comunidade Intermunicipal Lambre-Mandeo de Servizos Públicos Consorciados.

Segundo explicou Diego Calvo, deste xeito materialízase a terceira destas comunidades que tutela a Deputación, despois da de Xallas-Barcala e Costa Bergantiñá, pensadas para conseguir unha maior colaboración entre os concellos para prestar servizos públicos municipais de maior calidade aos veciños.

“Estamos con catro concellos que, xa na práctica, traballaban xuntos en diversas cuestións, xa que comparten maquinaria, están a punto de rematar un obradoiro de emprego conxunto, e están a facer as cuestións para un taller de xardinería”, apuntou Calvo, que tamén salientou que esta nova forma de aliarse “camiña xunto cos tempos porque non terá ningún custo para ningún concello e non supón a creación de ningunha estrutura adicional”.

Ler máis:COMUNIDADE INTERMUNICIPAL LAMBRE-MANDEO DE SEVIZOS PÚBLICOS CONSORCIADOS

RESEVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

Acaban de comunicarnos que finalmente a candidatura de As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo a reserva mundial da biosfera ten un dictame favorable. 

Esta decisión foi tomada hoxe, martes 28 de maio, na sala XII da sede da Unesco en París, no marco da 25 Sesión do Consello Internacional de Coordinación do programa MAB (Man and the Biosphere) daUnesco.

Despois de máis de dous anos de traballo, xa podemos decir que os municipios que conforman esta reserva son son Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Miño, Irixoa, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada, Curtis e Sobrado. Ocupa 113.970 hectáreas, nas que residen casi 190.000 persoas.

Ler máis:RESEVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE

 

arbore

manifesto dia arbore final

PROMOCIÓN DA AGRICULTURA ECOLÓXICA

clase agricultura1

Os días 9 e 16 de marzo tivo lugar unha acción formativa que tiña como tema central a práctica da agricultura ecolóxica.

Impartida por Xan Neira, reparouse na necesidade de manter unha producción agrícola, gandeira e forestal, respetuosa co medio natural, sin deixar de ser un medio de vida economicamente viable e sustentable no tempo.

Visitamos dúas experiencias que están tendo éxito, a de horta de Victor Sánchez en Oza dos Ríos e Arqueixal en Palas de Rei.

arqueixal

AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL

Os Concellos de Aranga, Irixoa e Vilarmaior, contan dende datas recentes co servizo compartido de emprego e desenvolvemento local.

Para a contratación da persoa encargada do servizo tense concedida unha subvención concedida ó Concello de Aranga da Consellería de Traballo e Benestar cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

Ler máis:AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL

ACTIVIDADE FORMATIVA DE PROMOCIÓN DA AGRICULTURA ECOLÓXICA

cartel agricultura500

Información adicional