TODOS SOMOS IMPORTANTES

     1

    O próximo venres 8 de marzo, conmemorando o día da muller traballadora, presentarase o documental “TODOS SOMOS IMPORTANTES”, enmarcado dentro do II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes de Aranga 2010-2014, dentro do proxecto para 2012: “Todos valemos, todos facemos, todos somos importantes”


          As entrevistadas son 5 mulleres de Aranga que nos contan as súas experiencias persoais nun sector no que predominan “eles” e non “elas”.
          “TODOS SOMOS IMPORTANTES” forma parte dun proxecto promovido polo Concello de Aranga, apoiado dende a Excma. Deputación Provincial da Coruña mediante a convocatoria de 2012 de Desenvolvemento de Políticas de Igualdade entre Mulleres e Homes,  e realizado por Mandeo Records, con guión e dirección de Daniel López, baseado na corresponsabilidade na convivencia entre homes e mulleres no ámbito laboral e do tempo libre.
    A presentación aberta ao público terá lugar o próximo venres 8 de marzo no Anexo do CEIP a Castellana ás 17:00 h.

Información adicional