Educación familiar

Departamento de Cultura, Deporte e Servizos Sociais

Área de Servizos Sociais

¿ONDE ESTAMOS?

Na Casa do Concello- Servizos Sociais

Centro Socio Cultural Ponte-Aranga. Baixo

Praza Mestre Mosquera nº 1 Aranga 15317

¿CANDO E CÓMO CONTACTAR?

Mañás: luns a venres inclusivos de 9.00 ás 14.00 h

Tardes: Xoves das 15.30 ás 21.30 h (PREVIA CITA)

Telf. Cultura, Deporte e Educación Familiar 981 793 590 Fax 981 793 581

Telf. Traballadora Social 981 793 551

E-mail: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

A QUEN VAI DIRIXIDO

Á toda a poboación en xeral.

Á cada persoa ou unidades de convivencia.

Ás familias, prioritariamente con persoas maiores ou menores ao seu cargo.

Grupos, asociacións, entidades formais e non formais sen ánimo de lucro.

A centros educativos, centros de saúde, outros servizos comunitarios.

QUEN SOMOS

Inscrito dentro do departamento de Cultura, Deporte e Servizos Sociais:

Profesionais de ámbito social e educativo:

Traballadora Social: Elisa Daponte

Pedagoga: Trudi Capelán

Equipo de Servizo a Domicilio

QUE FACEMOS

Prevención e apoio á comunidade

Actividades encamiñadas á prevención. Respecto a educación, habilidades sociais, hábitos saudables... coa implicación da comunidade (escola de nais e pais, obradoiros, campañas de prevención, proxectos escolares, formación,...). Actividades de promoción de hábitos saudables, hábitos de seguridade, habilidades sociais e comunicativas, educación afectiva e emocional, gozo de tempo libre, educación en igualdade etc.

Dinamización de grupos formais e non formais de ámbito local. Fomento do tecido asociativo e a participación social (Asociacións, Preescolar Na Casa...)

Fomento da solidariedade. Dinamización do voluntariado.

o Apoio ao Asociacionismo.- Fomentando a participación e implicación dos membros da comunidade, tentando dinamizar o tecido asociativo mediante o asesoramento e orientación na súa posta en marcha e funcionamento, con reunións periódicas coas asociacións municipais, e tentando coordinar as actuacións e actividades para que sexan o máis axeitadas posibles ás demandas e inquedanzas dos veciños e veciñas.

o Promoción do Voluntariado.- A Oficina Municipal de voluntariado naceu no ano 2002 de xeito oficial, pero dende que se recorde sempre funcionou un voluntariado puntual bastante numeroso; cun tecido social solidario e sensible coas diferentes necesidades da poboación mediante a colaboración. O programa vai dirixido a poboación en xeral, buscando evitar, previr ou minorar o illamento, o desarraigo social e na procura dunha implicación e participación da poboación de tódalas idades na vida cultura, social e política, tendo como grupos prioritarios infancia, muller, terceira idade e xuventude.

Algunhas das áreas nas que se desenvolven actividades de colaboración e voluntariado:

Asuntos Sociais .- Apoio como traslado, seguimento de persoas maiores ou menores principalmente, para actividades ou actuacións necesarias e específicas ou en programas de ocio e tempo libres como saídas, excursións, celebracións..., acompañamento a persoas maiores a pasear, en xogos, traslados.

Cultura e Deportes .-Apoio en actividades puntuais de celebracións, probas, cursos, obradoiros, dinamización das bibliotecas...(preparación de educación de adultos, apertura centros, ...), colaboración continua no desenvolvemento das Escolas Municipais Deportivas, e na programación de "Deporte en idade Escolar", en eventos deportivos locais, comarcais, saídas, excursións...

¿Quen Pode colaborar connosco? Tódalas persoas maiores de idade que estean interesadas en colaborar con algunha das áreas indicadas. Impartirase unha pequena preparación e información de que é un voluntario, e que non é; asesorados en todo momento por técnicos do Concello.

o Plan de Igualdade.- Actuar con eficacia contra a desigualdade entre mulleres e homes significa avanzar no compromiso de desenvolvemento dunha sociedade democrática, libre, xusta, igualitaria e solidaria. II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES DE ARANGA (2009-2014) é unha vía que permite concretar a asunción deste compromiso.

Os eixes estratéxicos fundamentais: a participación e o empoderamento, o acceso á información e os recursos, a formación en igualdade entre mulleres e homes e a abordaxe integral da violencia de xénero. Promoveranse actividades e actuacións que promovan a participación das mulleres en todas as esferas da vida social e especialmente na economía produtiva, facéndolles axentes co participes da toma de decisións, incorporando unha visión dun necesario cambio de actitudes, de comportamentos, de formas de vida e de estruturas sociais.

o Programa Educación Integral para todos. Pensando e crendo no compromiso coa educación,como imprescindibles para o desenvolvemento da persoa; coa colaboración imprescindible dos centros educativos, CEIP, institutos e entidades como a Fundación Preescolar Na Casa, disponse dun servizo de educación dirixido tanto aos nenos/as e rapaces escolarizados como unha oferta pública de educación de persoas adultas, que asegure e garante o poder adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o desenvolvemento persoal e profesional.

• Información e Orientación

• Preparación Cultura Xeral

Educación para adultos: apoio para preparación para a proba libre da ESO, aos alumnos/as da ESA, ao acceso a universidade para maiores de 25 anos, ou orientación a UNED Senior

Apoio á unidade de convivencia

Orientación e asesoramento individualizado: orientación educativa, educación dos vosos fillos/as, sobre como por límites e normas, como mellorar as relacións familiares, como resolver conflitos, sobre recursos educativos e de apoio para a conciliación da vida laboral e familiar, acompañamento en momentos de dificultade, seguimento, asesoramento etc.; organización doméstica, trámites administrativos, malestares ou dificultades persoais puntuais e/ou crónicas.

Acompañamento e/ou mediación en dificultades da unidade familiar ou de convivencia.

Derivación a outros recursos especializados.

Información adicional