Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia

 

 

 

Subvencións a familias para a adquisición de equipamentos de televisión dixital terrestre vía satélite

 

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA. RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de

concorrencia non competitiva, de subvencións a familias para a adquisición de equipamentos de televisión dixital terrestre mediante recepción satelital en vivendas e edificacións situadas en zonas que hai que revitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

 

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto posibilitar o acceso ao servizo público e ao servizo de interese xeral da televisión dixital terrestre vía satélite nas

zonas con deficiencia de cobertura das redes terrestres aos beneficiarios definidos no artigo 4 das presentes bases.

 

Gastos subvencionables. Terán a consideración de subvencionables os gastos derivados da adquisición de equipamento para o acceso ao servizo público e ao servizo de interese xeral de televisión dixital terrestre vía satélite. O dito equipamento consistirá como máximo nunha antena parabólica de recepción cos seus complementos, cableado para 1 toma de usuario e 1 receptor de TDT por satélite. Só se subvencionará un equipamento por enderezo e titularidade.

 

Beneficiarios. Os destinatarios das subvencións son as familias titulares ou residentes en vivendas e edificacións situadas en zonas a revitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia.

 

En todo caso, os beneficiarios deberán reunir as seguintes condicións:

 

a) Non dispoñer de cobertura dalgunha canle do servizo público ou do servizo de interese

xeral de televisión dixital terrestre.

b) A axuda solicitarase para o enderezo de residencia ou vivenda da súa propiedade.

c) Non ser ou ter sido beneficiario doutra subvención para o mesmo obxecto.

 

A contía da axuda acadará o 100 % do investimento subvencionable, ata un máximo de 300 euros, IVE incluído.

 

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de agosto de 2015.

 

Máis información: DOG Núm. 247 do 26 de decembro de 2014

 

Programa de axuda ao alugamento de vivendas

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO.

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2015 pola que se convocan, na anualidade de 2015, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013–2016

Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto convocar na anualidade de 2015, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan de vivenda.

2. O procedemento de concesión realizarase en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 19 de febreiro de 2015.

Persoas beneficiarias

Poderán solicitar as axudas as persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos:

1.- Poderán solicitar as subvencións aquí reguladas as persoas físicas, maiores de idade que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser titular ou estar en condicións de subscribir un contrato de arrendamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado, en calidade de persoa arrendataria.

b) Que a vivenda arrendada ou que se vai arrendar constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa arrendataria.

c) Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia que teñan, ou vaian ter, o seu domicilio habitual e permanente na vivenda arrendada, consten ou non como titulares do contrato de arrendamento, sexan en conxunto inferiores ao límite de ingresos establecido nas correspondentes convocatorias de axudas e nestas bases reguladoras.

d) Que a renda do contrato de arrendamento non supere a cantidade prevista nas correspondentes convocatorias de axudas, que en ningún caso poderá superar os 600 euros mensuais.

d) Que a renda do contrato de arrendamento non supere a cantidade prevista nas correspondentes convocatorias de axudas, que en ningún caso poderá superar os 600 euros mensuais.

e) As persoas membros da unidade de convivencia deberán acreditar que se atopan ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non teñen pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, do Estado e da Seguridade Social.

2. O límite de ingresos da unidade de convivencia, composta polas persoas que teñan ou vaian ter o seu domicilio habitual e permanente na vivenda arrendada, suxeitarase ao establecido no artigo 6 das bases reguladoras e no Plan de vivenda, e non superarán 3 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (en diante IPREM). En todo caso, inicialmente, só se atenderán as solicitudes que non superen o límite máximo de ingresos da unidade de convivencia.

3. No suposto de que as solicitudes que cumpran este límite non acaden o total das axudas convocadas, poderán atenderse as unidades familiares con ingresos de ata 3 veces o IPREM priorizadas, de acordo cos criterios establecidos no artigo 8 das bases reguladoras.

4. O computo de ingresos para acceder ao programa suxeitarase ao establecido nos artigos 4 e 5 das bases reguladoras.

Máis información: Diario Oficial de Galicia Núm. 11 do 19 de xaneiro de 2015. As bases reguladoras das axudas están publicadas no Diario Oficial de Galicia número 236, do 10 de decembro de 2014.

 

Convocatoria do proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

 

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. ORDE do 16 de decembro de 2014 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 6 de febreiro de 2015.

 

Máis información: DOG Núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015. http://www.edu.xunta.es/fp.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria garantirá un servizo aberto e permanente que lles facilite información e orientación a todas as persoas que a soliciten. Esta información e orientación será facilitada polos departamentos de orientación dos centros integrados de formación profesional e nos centros de formación profesional de titularidade pública dependentes da Administración educativa. En cada punto de información existirá, polo menos, un profesional (orientador ou orientadora) para o desenvolvemento destas funcións.

 

Convócase o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, para 8.840 prazas correspondentes a 192 unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, coa seguinte distribución:

 

Familia profesional

Ciclo formativo

Unidades de competencia

Prazas

Administración e xestión.

MADG01 Xestión administrativa.

9

540

Agraria.

MAGA03 Xardinería e floraría

11

220

Artes gráficas.

MARG02 Preimpresión dixital.

7

175

Edificación e

obra civil

MEOC01 Construción.

MEOC02 Obras de interior, decoración e e habilitación.

SEOC01 Proxectos de edificación.

SEOC02 Proxectos de obra civil.

10

14

7

3

200

300

105

45

Electricidade e electrónica.

MELE01 Instalacións eléctricas e automáticas.

MELE02 Instalacións de telecomunicacións.

8

6

560

180

Fabricación mecánica

MFME01 Mecanizado.

MFME02 Soldadura e calderería.

3

7

90

630

Hostalería e turismo.

MHOT01 Cociña e gastronomía.

MHOT02 Servizos en restauración.

SHOT01 Xestión de aloxamentos turísticos.

9

11

6

720

420

120

Imaxe persoal

MIMP02 Perruquería e cosmética capilar.

10

200

Industrias alimentarias.

MINA01 Panadería, repostería e confitaría.

12

300

Informática e comunicacións.

MIFC01 Sistemas microinformáticas e redes.

6

180

Instalación e mantemento

MIMA01 Instalacións frigoríficas e de climatización.

MIMA02 Instalacións de produción de calor.

4

2

240

120

Madeira, moble e cortiza.

MMAM01 Carpintería e moble.

MMAM02 Instalación e amoblamento

7

9

210

225

Química

SQUI01 Laboratorio de análise e de control de calidade.

8

160

Sanidade

MSAN01 Emerxencias sanitarias.

MSAN02 Farmacia e parafarmacia.

7

6

1120

720

Servizos socioculturais e á comunidade.

SSSC01 Educación infantil.

7

140

Transporte e mantemento de vehículos

MTMV01 Carrozaría.

MTMV02 Electromecánica de vehículos automóbiles.

8

7

360

560

 

 

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

Convócase a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos no ano 2015, nas modalidades de Ciencias e Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:

Condicións das persoas aspirantes. Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2015.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2014/15.

Os aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.

Poderanse matricular tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias comúns, os aspirantes que teñan superadas as materias de modalidade de calquera das dúas vías da modalidade de Artes.

O prazo de presentación das solicitudes será entre o 16 e o 27 de febreiro de 2015.

Celebración da proba. A proba celebrarase o día 24 de abril de 2015 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Máis información: DOG Núm. 13 do 21 de xaneiro de 2015

 

Probas para a obtención do título da ESO para maiores 18 anos

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Convócanse as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2015.

Condicións das persoas aspirantes. Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Teren cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria .

4. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2014/15 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.

Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2015, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

Realización das probas. As probas realizaranse en sesións de mañá e tarde os días 29 de maio e 9 de setembro para as respectivas convocatorias.

Máis información: DOG Núm. 13 do 21 de xaneiro de 2015.

"O SON QUE ME ARROLA"

    Dentro do espazo  de encontro que dende o Concello se lle ofrece ás familias con nenas e nenos entre O e 3 anos de idade;  no fomento da educación da infancia todos os martes en calendario escolar, e dentro do periodo de integración con educación infantil do CEIP A Castellana, a Asociación Antonio Gandoy levou a cabo unha proposta musical que ofreceu a posibilidade de achegar aos máis cativos a cultura tradicional galega, daman dos cantos de berce, rimas e a instrumentación.

O son que me arrola ofreceu a  posibilidade dun espazo lúdico onde as familias poideron experimentar e manipular diferentes instrumentos de percusión e outros realizados a partir de materiais de refugallo.
A actividade tivo unha primeira parte adicada á escoita, unha segunda de exploración dos instrumentos e un obradoiro de construcción onde cada nena, neno poideron levar un pequeno instrumento de percusión realizado por eles mesmo.

Información adicional