NOVAS DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de decembro de 2015 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2016, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

 

  • RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

Prazo matriculación o 18 febreiro ao 3 marzo.

Data da proba 22 abril 2016

  • RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Prazo matriculación do 7 ao 18 de marzo convocatoria de maio e do 1 ao 8 de xullo na convocatoria de setembro.

Data das probas 27 de maio e 8 de setembro 2016 respectivamente.

MATRICULA UNED SENIOR E VIAXE A PORTUGAL

A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) Senior de comeza o período de preinscrición para o 2º cuatrimestre do curso 2015/16

A UNED abre o prazo de matrícula do programa formativo UNED Senior, dirixido a persoas maiores de 50 años que, con independencia da súa formación académica, estean interesadas en enriquecer os seus coñecementos. O obxectivo do programa é ofrecer unha modalidade aberta a aquelas persoas que non desexan matricularse nunha titulación universitaria, pero que buscan unha formación continua.

Ler máis:MATRICULA UNED SENIOR E VIAXE A PORTUGAL

25 DE NOVEMBRO DÍA DE ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

nonaviolencia

Dende o Concello de Aranga queremos unirnos á celebración deste día e lembrarlle á sociedade a gravidade do problema da violencia de xénero; tentamos facer reflexionar nas diferentes formas nas que se manifesta este tipo de violencia contra as mulleres do mundo enteiro e principalmente dentro do posible destacar a necesidade de previr esta violencia que sufren as mulleres, as familias e por engadidura a sociedade en xeral

En relación a este tema realizáronse as seguintes actividades:

Ler máis:25 DE NOVEMBRO DÍA DE ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

SAMAIN EN TEMPO FAMILIAR

Nenos de 0 a 3 anos  acudiron á xornada de portas abertas celebrada na Castellana o pasado martes, co gaio de celebrar a chegada do Samaín, aprenderon a baleirar a cabaza, cantaron cántigas propias deste tempo e aproveitaron para adicarse a outras actividades como a lectura.

samaintempofamiliar20154

XORNADA DE PORTAS ABERTAS


Para nenas/os  de 0 a 3 anos e os seus pais/nais/titores

Lugar:No Anexo do C.E.I.P.  A Castellana

Data e horario: martes 27 de outubro de 17:00 horas a 18:30 horas.

Imos celebrar o SAMAÍN (baleirar unha cabaza entre todos, facerlle a cara, por unha vela, e na escuridade cantar cantigas propias destas datas).

Actividades de balde para os asistentes

 

MELLORA DA ACCESIBILIDADE NO CEIP DA CASTELLANA

salvaescaleirascole

O día 1 de xullo de 2015, a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou o colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) da Castellana, para supervisar o avance das obras de mellora de acondicionamento que se estaban a levar a cabo por parte da Consellería de Cultura, Educaicón e Ordenación Universitaria co obxectivo de eliminar as barreiras arquitectónicas e mellorar a accesibilidade do centro coa instalación dun salvaescaleiras.

Do Campo percorreu as dependencias educativas acompañada polo alcalde de Aranga, Alberto Platas, a teniente de alcalde, Eva Sánchez o xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, e o director do centro, José Luis Pico.

instaladosalvaescaleiras

A data de hoxe están rematadas estas obras, o pasado venres, fíxose unha proba para mostrar o seu funcionamento.

Información adicional