BASES DA CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A FAMILIAS E ENTIDADES SEN FIN DE LUCRO PARA O EXERCICIO 2012

familiaPolo presente anuncio ponse en coñecemento dos interesasdos/as que o pleno municipal deste Concello de Aranga ven de aprobar, na sesión que se realizou o día 28 de xuño de 2012, as bases da convocatoria pública de subvencións municipais para familias e institucións sen fin de lucro, establecendo o prazo de vinte días hábiles, que se contará a partir do día seguinte á inserción deste anuncio, para a presentación de solicitudes.

1. Finalidade e principios xerais.

Coa finalidade de apoiar ás entidades e asociacións sen fin de lucro que prestan servizos ou realizan actividades que complementen ou suplan os atribuídos á competencia municipal, ou que contribúan ao fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do municipio, no ámbito da cultura, deporte e festexos patronais, convócanse para o exercicio 2012 as seguintes subvencións, consoante co disposto na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Real Decreto 2/2004, de 5 de maio, que aproba o Texto refundido da Lei das facendas locais, no Regulamento de servizos das corporacións locais, na Lei 38/2003 xeral de subvencións e o seu regulamento, na Lei 5/1997 de administración local de Galicia e na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e o seu regulamento.

Os principios aos que se suxeita o procedemento de outorgamento de subvencións son os seguintes: publicidade, concorrencia, transparencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia, eficiencia, voluntariedade e non vinculación para futuras subvencións.

A presente convocatoria márcase obxetivos de carácter xeral como a mellora da xestión e organización de actividades e equipamentos mediante a concesión de subvencións.

Quedan excluídas da presente convocatoria as seguintes actividades ou investimentos:

- As viaxes de ocio e gastos de manutención, excepto que os soliciten conxuntamente todas as Asociacións ou a Federación Municipal de Aranga "Fragas do Mandeo".

- As actividades ou inversións de carácter confesional.

Cada solicitante só poderá solicitar subvención para un obxeto dentro de cada apartado, e decir, como máximo poderá solicituarse unha subvención para actividade e outra para inversión.Ademáis indicaráse a prioridade entre elas.

2. Obxecto e aplicación presupostaria.

Serán obxecto de subvención especialmente os seguintes ámbitos de actuación: cultura, deportes e festexos patronais, nos apartados de actividades e de inversión.

1.-Apartado de actividades:

1.1. En materia de cultura, poderán ser obxecto de subvención: Programas culturais tales como certames, encontros, conferencias, estudos, publicacións, concursos,

cursos, talleres, obradorios etc. As excursións e os gastos de manutención das celebracións e encontros gastronómicos só serán subvencionables cando se soliciten e realizen, conxuntamente , por todas as Asociaciòns ou pola Federación municipal de asociacións.

1.2.En materia de deportes poderán ser obxecto de subvenvción: Actividades de promoción do deporte en clubs deportivos, e en xeral as que perseguen interese sociodeportivo ou son de utilidade pública, tales como campeonatos, intercambios etc.

2.- Apartado de inversións:

2.1. En materia de cultura: Obras de novas instalacións ou de mantemento e conservación, tales como melloras nas instalacións ou creación de novas instalacións, así como equipamentos de materiais ou mobiliario e medios non funxibles necesarios para o desenvolvemento da actividade.

2.2. En materia de deportes :Obras de mantemento e conservación das instalacións existentes, obras de nova creación, así como o equipamento de materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades.

3. En materia de festexos patronais financiarase con 300 € , exclusivamente, a celebración das festas patronais.

As subvencións ou transferencias correntes a familias e institucións sen fin de lucro imputaranse á partida 2012.0.33.0.48900 dotada cun crédito inicial de 30.000,00 €. Nembargantes, á dita cantidade imputánselle tamén as subvencións que figuran nominativamente nas bases de execución do orzamento e as axudas polo nacemento dun fillo.

Respecto das inversións imputaranse á partida 2012.0.16.0.78000 dotada cun crédito inicial de 23.000,00 €.

Non obstante e unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes o Concello, á vista das que tiveron entrada no Rexistro Xeral, poderá modificar estas contías despois do expediente de modificación de créditos.

3. Solicitantes.

1. Poderán optar a estas subvencións as familias ou particulares e as entidades ou asociacións, xuridicamente constituídas, así como os comités organizadores, que reúnan os seguintes requisitos:

- Que estean inscritas no rexistro municipal de asociacións.

- Carecer de fins de lucro.

- Desenvolvemento da súa actividade dentro do termo municipal de Aranga, ou con beneficio evidente para a veciñanza.

- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda concedida polo Concello.

- Estar ao día nas obrigas tributarias , coa seguridade social e co Concello.

- Non estar incurso en supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percepción de axudas ou subvencións públicas.

2. Tamén poderán solicitalas os deportistas individuais do Concello, que estean en posesión da licenza de federado expedida pola correspondente federación deportiva e teñan máis de 18 anos e leven empadroados no concello máis de dous anos.

3. As A.N.P.A. dos centros de ensino público do Concello.

4. Condicións das solicitudes.

1. As subvenciós solicitadas por cada asociacións, familia ou particular que cumpran os requisitos sinalados na base 3, poderán referirse , exclusivamente, a un obxecto dentro de cada apartado. E decir, só poderán solicitar , como máximo, unha subvención para actividades e outra para inversións, sinalando ademais a prioridade entre elas.

2. Establécese a cuantía máxima de cada solicitude en 6.000,00 € para actividades e de 10.000,00 € para inversións, de xeito que as solicitudes, para cada un dos ámbitos, que excedan da dito importe , serán reducidas automáticamente.

3. As solicitudes para inversión deberán ir acompañadas de certificación da titularidade do ben no que ser realizará a inversión ou autorización do seu titular.

5. Documentación.

As solicitudes formularanse nos modelos normalizados que se lles facilitarán nas oficinas municipais e achegarase a seguinte documentación:

a) Memoria explicativa da actividade ou investimento que se quere realizar, indicando os obxectivos, os beneficiarios e os fins a que se destinarán aos fondos (Anexo I).

b) Presuposto detallado dos gastos e ingresos da actividade ou investimento (Anexo II).

c) Importe da subvención que se solicita que en ningún caso poderá ser de tal cantidade que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras

administracións ou outros entes públicos ou privados, supere o custo total da actividade ou do investimento que se vai realizar (Anexo I).

O importe da subvencións oscilará entre o 30 e o 80% do custo total sen prexuízo de que o Concello poida variar xustificadamente a dita porcentaxe tanto para menos como para mais. O porcentaxe de financiación fixaráse pola Comisión avaliadora, tendo en conta o crédito disponible e as solicitudes presentadas.

d) Certificación da conta bancaria do solicitante.

e) Os comités organizadores ou veciñais presentarán ademais da acta fundacional coa relación dos seus compoñentes e a estrutura de funcionamenteo, unha copia do CIF solicitado para o efecto.

f) No caso de que a información que consta no rexistro municipal de asociacións non estea actualizada, incorporarase a súa comunicación.

g) Certificación do acordo de solicitude adoptado polo órgano competente e do nomeamento do representante para as súas relacións co Concello, no caso de entidades formalizadas (Anexo II).

h) Declaración do representante de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade e de aceptación das bases da convocatoria (Anexo III).

i) Declaración do representante de que o solicitante está ao corrente das súas obrigas tributarias e de seguridade social e autorización para obter directamente certificacións ou informes sobre os ditos aspectos dos organismos competentes (Anexo III).

j) Cando a axuda se solicite para infraestruturas presentarase plano de situación e descrición valorada das obras co orzamento detallado.

k)Acreditación da titularidade do ben no que se realizará a inversión ou autorización expresa do titular.

l) Compromiso de solicitar a licenza e autorizacións necesarias para a realización da inversión para a que se solicite subvención.

ll Cando a axuda se solicite para o apartado de actividades , deberá comunicarse ao concello a fecha para a súa realización, con carácter previo, a efectos de facilitar as actuacións de comprobación.

No caso de que as solicitudes non reunisen os requisitos mínimos esixidos farase un requirimento para a subsanación, no prazo de dez días hábiles. O incumprimento da subsanación producirá a caducidade da solicitude.

6. Lugar e prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello, na forma establecida no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles que se contará a partir do día seguinte á publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

7. Resolución das subvencións.

A concesión de subvencións realizarase mediante o réxime de concorrencia competitiva, por Resolución da Xunta de Goberno Local, despois da proposta motivada da Comisión avaliadora, logo da petición dos informes que considere oportunos.

A Comisión municipal de subevncións ten a facultade de interpretar as presentes bases.

A Comisión de subvencións estará composta por:

- Presidente: o Alcalde.

-Vogais: un representante de cada grupo municipal, que serán nomeados polo Alcalde a proposta de cada grupo.

- Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

A selección das peticións e a contía das subvencións determinaranse tendo en conta os seguintes criterios:

1. Interese xeral ou sectorial, utilidade ou servizo do investimento ou actividade que se propón realizar: poderanse outorgar ata 5 puntos.

2. Número de veciños beneficiados directa ou indirectamente pola actividade ou investimento: poderanse outorgar ata 5 puntos.

3. Representatividade social e territorial no municipio: poderanse outorgar ata 3 puntos.

4. O carácter periódico ou permanente da actividade subvencionada: poderá valorarse ata 3 puntos.

5. Coordinación e complementariedade cos programas desenvolvidos polo Concello: poderanse outorgar ata 5 puntos.

A Xunta de Goberno Local analizará a proposta da Comisión e resolverá, logo do informe de fiscalización de Secretaría- Intervención, realizando o oportuno reparto da cantidade disponible.

A resolución da concesión seralles notificada expresamente a todos os solicitantes, no prazo de dous meses que se han de conatr a partir da data da resolución, e será exposta no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na páxina web do Concello. Contra a desestimación expresa ou presunta poderán formularse os recursos que procedan.

O coeficiente de financiación que se establece para a concesión das subvencións será do un por cento. Este coeficiente poderá modificarse, en casos excepcionais, a proposta da Comisión municipal de subvencións.

8. Obrigas dos beneficiarios.

Unha vez aceptada a subvención os beneficiarios deberán:

1. Realizar as actividades ou adquirir os equipamentos propostos, acreditanto o cumprimento da finalidade da subvención.

Por motivos xustificados poderán solicitarse o cambio do obxecto da subvención, tanto en canto ao ámbito como ao tipo de subveción e o importe máximo será o mesmo da Resolución que se ditou, salvo que proceda a redución da contía por obter valoración menor.

2. Someterse as actuacións de comprobación do Concello así como facilitar a información que o Consello de contas lle requira.

3. Comunicarlle ao Concello a concesión doutras subvencións concorrentes por parte doutras administracións ou entidades para a mesma finalidade.

4.Conservar a contabilidade precisa e os documentos xustificativos da aplicación dos fondos durante o prazo de catro anos.

5.Proceder ao reintegro do percibido en caso de incumprimento ou xustificación insuficiente.

6.Sinalar na publicidade da actividade o cofinanciamento do Concello de Aranga.O cumprimento desta obriga deberá xustificarse con carácter previo ao pago da subvención.

7.Asumir todas as responsabilidades civís e legais da actividade que realizan.

8. Compromiso de manter as inversións ou equipamentos durante tres anos , destinándoos a finalildade para a que foi concedida a subvención.

9. Comunicarlle ao concello as datas da realización das actividades que sexan obxecto da subvención.

9. Xustificación.

O prazo para xustificar a subvención será de seis meses que se contarán desde o día seguinte á comunicación da concesión da subvención, podendo prorrogarse ata o tempo imprescindible, logo da petición motividada do beneficiario.

De se non presentar a xustificación dentro do prazo inicial ou prorrogado iniciarase expediente de anulación do compromiso de gasto, mediante Resolución da Alcaldía.

Se a documentación presentada fose insuficiente ou incorrecta outorgarase un prazo de dez días para a súa subsanación.

O importe da subvención concedida en ningún caso poderá ser de tal contía que, en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións ou entidades, supere o custo da actividade ou do investimento que desenvolva o beneficiario.

Para a xustificación da subvención, o beneficiario deberá presentar, no Rexistro Xeral do Concello, a seguinte documentación:

- Certificación do secretario da entidade, co visto e prace do presidente, que acredite o cumprimento da actividade ou investimento, e por tanto de ter cumprida a finalidade da subvención.

- Certificación do secretario co visto e prace do presidente, das subvencións obtidas doutros organismos ou entidades para o mesmo concepto.

- As subvencións que teñan por finalidade a realización de actividades ou investimentos xustificaranse mediante facturas orixinais ou copias compulsadas.

- Xustificante do cumprimento da obriga de publicitar o cofinanciamento do Concello.

- Memoria xustificativa das actividades realizadas ou dos investimentos realizados, obxecto da subvención.

10. Pagamento.

Á vista da documentación xustificativa a Alcaldía valorará o cumprimento da finalidade básica obxecto da subvención. Logo das comprobacións oportunas procederase ao

aboamento mediante transferencia bancaria na conta sinalada polo beneficiario. Se se xustifica o gasto polo 100% do orzamento subvencionado aboarase a totalidade da subvención e no caso de que se xustifique un gasto inferior ao orzamento subvencionado, aboarase a parte proporcional da subvención.

11. Anticipos.

Será posible anticipar ata un 50% da cantidade concedida nos casos nos que, despois da solicitude razoada da entidade, así acorde a Xunta de Goberno Local, sempre que estea iniciada a actividade. O 50% restante aboarase no momento da xustificación.

12. Reintegros.

Procederase ao reintegro total ou parcial da subvención ou do anticipo outorgado,cando se constate, logo de oír ao beneficiario, calquera das seguintes situacións:

- Incumprimento da finalidade obxecto da subvención.

- Falta de xustificación ou realizar a xustificación de forma insuficiente ou deficiente.

- Obtención da subvención falseando ou ocultando as condicións necesarias para iso.

- Non xustificar a publicidade do cofinanciamento polo Concello.

13. Réxime Xurídico aplicable.

Estas bases e as subvencións que se outorguen ao seu amparo rexeranse polas mesmas e no non previsto por elas:

- Pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e o Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, do regulamento xeral de subvencións.

- Pola Lei 9/2007 de 13 de xuño ,m de subvencións de Galicia e o Decreto 11/2009.

- Pola Lei reguladora das bases de réxime local 7/1985, de 2 de abril, e a Lei 5/ 1997, de 22 de xullo, da adminstración local de Galicia.

- Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o Texto refundido da Lei das facendas locais.

- Restantes disposicións complementarias aplicables.

- Polas bases do Presuposto municipal do exercicio 2012 do Concello de Aranga.

Aranga, 30 de maio de 2012

O alcalde :

Asdo:Alberto Platas Alvarez.

Máis info no seguinte link:

[subvencions 2012 asociacions e familias]

Información adicional