Axudas para a posta en marcha de casas niño

ORDE do 6 de maio de 2016 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, parcialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2016, 2017, 2018 e 2019.

Esta orde de convocatoria diríxese a apoiar a posta en marcha de experiencias piloto nos núcleos rurais de Galicia que, por mor da súa escaseza de poboación, carecen de recursos de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, coa finalidade de que as ditas experiencias piloto poidan garantir a futura posta en marcha eficiente de servizos de conciliación formalmente regulados baixo a denominación de casas niño.

Estes servizos, baixo a denominación de casas niño, proporcionarán atención a nenos e nenas en pequenos grupos, de xeito flexible e con garantías de seguridade e calidade.

A prestación destes servizos de atención á infancia farase mediante fórmulas de autoemprego e de economía social.

Mais información:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160523/AnuncioG0425-060516-0002_gl.html

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160523/AnuncioG0425-060516-0003_gl.html

 

 

Información adicional