CONVOCATORIA PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS.

  • imprimir

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL DOG 5 FEBREIRO 2020

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Educación,Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

A Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 44 punto 1, establece que anualmente se convocarán polo menos dúas probas para que as persoas maiores de dezaoito anos poidan obter directamente o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

En consecuencia, e ao abeiro da orde de referencia, RESOLVO: Convocar as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2020, con código de procedemento administrativo ED540A, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:

Primeira. Condicións das persoas aspirantes Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2019/20 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

4. O alumnado matriculado durante o curso 2019/20 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

          4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

          4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos. O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas. Segunda. Forma, lugar e prazos de presentación 1.

Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 16 ao 27 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos.