ACONDIONAMENTO ESTRADA ARANGA-VERÍS

convenio estradaaranga-irixoa

O presidente da Deputación, Diego Calvo, vén de asinar nos últimos días un convenio de colaboración cos alcaldes de Aranga e Irixoa, Alberto Platas Álvarez e Antonio Deibe Sanmartín, para mellorar a estrada que vai de Aranga a Verís, xa no municipio de Irixoa.

 A Deputación achegará un total de 88.055,50 euros para asumir en solitario o proxecto, que consiste no acondicionamento total e mellora da capa de rodadura da estrada que comunica ambas localidades.

APROBACIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE ARANGA.

fotopxom firmapxom

No día de hoxe o conselleiro de Medio Ambiente asinou na Casa Consistorial a aprobación definitiva do PXOM, sinatura na que estiveron presentes o alcalde de Aranga e a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas.

Poden consultar a nova no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/4665/xunta-aproba-plan-xeral-ordenacion-municipal-concello-corunes-aranga-que-protexe

En relación con está nova tamén está a entrega por parte da Conselleira de Medio Rural e do Mar, Dna. Rosa Quintana, dos títulos de propiedade da concentración parcelaria de Cambás, realizada o día 5 de decembro no Pavillón da Castellana. .

concentracincambasconcetrancinparcelaria

poden acceder a máis información no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/4476/futura-lei-mellora-estrutura-territorial-agraria-galicia-reducira-tramites-abaratara

Ampliación prazo solicitude alta auga

Amplíase o prazo para a solicitude de alta nos servizos de abastecemento de auga e de saneamento ata o día 15 de febreiro.

Información adicional