ACONDIONAMENTO ESTRADA ARANGA-VERÍS

convenio estradaaranga-irixoa

O presidente da Deputación, Diego Calvo, vén de asinar nos últimos días un convenio de colaboración cos alcaldes de Aranga e Irixoa, Alberto Platas Álvarez e Antonio Deibe Sanmartín, para mellorar a estrada que vai de Aranga a Verís, xa no municipio de Irixoa.

 A Deputación achegará un total de 88.055,50 euros para asumir en solitario o proxecto, que consiste no acondicionamento total e mellora da capa de rodadura da estrada que comunica ambas localidades.

Información adicional