NOVAS SOBRE O PROXECTO DE HUMANIZACIÓN DU NÚCLEO DA CASTELLANA

  • imprimir

PROXECTO DE mellora e humanización do núcleo da castellana

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de adxudicar por case 70.000 euros as obras de mellora e humanización do núcleo da Castellana, en Aranga. Trátase dunha actuación froito do convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Aranga.

As obras obxecto deste convenio prevén soterrar as liñas de alimentación, a colocación de novo mobiliario urbanos, como luminarias, bancos, marquesiñas..., a definición de zona de aparcamento para os vehículos, así como paneis, para trasladar información relativa á contorna natural.

urbecastellana1

Por último, coa execución desta obra dáse cumprimento a tres obxectivos fundamentais do Goberno galego: fomentar a humanización das vilas de Galicia, favorecer a cooperación da Administración autonómica e os concellos e promover o reequilibrio territorial na Comunidade.

urbecastellana2