VOLUNTARIADO GALEGO 2016!

Gustaríache ser voluntari@ este verán?

Tes entre 16 (con permiso) e 30 anos?

Contamos contigo para axudar nas actividades do verán!

Se decides facelo, anótate no Concello antes do 19 de abril.

Recibirás unha pequena compensación económica e unha acreditación oficial.

Máis información no 981793590

fotoxuventudenet

xornadas dirixidas á xuventude

 xornadasxovenesmarzo16

Na tarde de onte tivo lugar a xuntanza cos máis novos do concello, organizada dende a Área de Cultura, Deporte, Asuntos Sociais e Igualdade do concello de Aranga, a súa concelleira delegada, Eva Sánchez convidou a Fernando Rodríguez Castro, dinamizador xuvenil da Rede Galega de Dinamización Xuvenil coa finalidade de que dese a coñecer os programas que dende a xunta se ofertan para a xuventude.

Os asistentes poideron coñecer de primeira man os seguintes programas:charla iniciativa xove

INICIATIVA XOVE

VOLUNTARIADO XUVENIL

GALEUROPA

DESEÑANDO O TEU FUTURO

XUVENTUDE CREA

PARLAMENTO XOVE

 

 http://xuventude.xunta.es/rede-galega-de-informacion-xuvenil.html

 

Certificación galega de competencias dixitais en ofimática

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación. Destinatarios: Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición. Número de prazas: 180. Duración: 12 semanas (190 horas lectivas). Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.

Datas de realización: no segundo trimestre do ano.

Contido:

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas).

Aplicacións informáticas de tratamento de textos.LibreOffice Writer (30 horas).

Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas).

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas).

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas).

O prazo de inscrición estará aberto ata o 16 de febreiro de 2015.

Máis información no DOG do 9 de febreiro de 2015 e en

http://cemit.xunta.es

XUNTANZA COS MOZOS E MOZAS DO CONCELLO

cartelredexuvenil

Información adicional