Certificación galega de competencias dixitais en ofimática

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación. Destinatarios: Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición. Número de prazas: 180. Duración: 12 semanas (190 horas lectivas). Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.

Datas de realización: no segundo trimestre do ano.

Contido:

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas).

Aplicacións informáticas de tratamento de textos.LibreOffice Writer (30 horas).

Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas).

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas).

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas).

O prazo de inscrición estará aberto ata o 16 de febreiro de 2015.

Máis información no DOG do 9 de febreiro de 2015 e en

http://cemit.xunta.es

Información adicional