OMIX Aranga. Oficina de Información Xuvenil de Aranga

A OMIX de Aranga

Enderezo: Centro Socio-Cultural de Ponte-Aranga e edificio da Aula Municipal de Informática.

Teléfono: 981 793590 e 981 79 35 49

E_mail: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. , facebook e tuenti.

Horario: De luns venres de 9:00h a 14:00h no Centro Socio-Cultural de Ponte-Aranga e os martes, mércores e venres de 16:00h a 20:00h e sábados de 10:00h a 14:00h na edificio da Aula Municipal de Informática.

Servizos

A Oficina Municipal de Información Xuvenil é unha estructura informativa de carácter municipal que presta servizos de información aos mozos e mozas do Concello de Aranga a través de puntos municipais de información xuvenil a ela vencellados.  A OMIX promove actividades de dinamización da información e contan cun horario de atención directa ao público.

OBXECTIVOS

Informar sobre posibilidades, oportunidades e recursos que poden ser de interese para a mocidade: oferta educativa, ofertas de traballo, a posibilidade de emprego, oposicións, axudas, concursos, actividades culturais, descontos...

Orientar e asesorar aos mozos e mozas sobre os pros e contras, as dificultades e posibilidades en relación ás diferentes opcións que pode tomar á hora de abordar un problema.

Fomentar a participación da xuventude na vida da colectividade, así como o asociacionismo como instrumento de participación e formación, co fin de contribuír a crear suxeitos activos na dinámica social.

Estimular e apoiar a investigación sobre a realidade xuvenil, co fin de coñecer os intereses, necesidades e demandas da xuventude.

Difundir experiencias interesantes para motivar a outros e outras mozas fronte á pasividade e ao escepticismo.

PRINCIPIOS

Aberta a toda a poboación nova sen excepción, garantindo a igualdade no acceso á información con independencia da súa localización, orixe, xénero, relixión ou clase social e prestando especial atención aos grupos desfavorecidos e aqueles que presenten necesidades específicas.

Fácil acceso, sen necesidade de cita previa, cun horario de funcionamento que respecte as necesidades da xente nova e de balde.

A información baséase nas demandas xuvenís e nas necesidades de información que se detectan.

Respecto a cada usuario como individuo, á confidencialidade e ao dereito ao anonimato. Respostas exentas de calquera influencia relixiosa, política, ideolóxica ou comercial; de xeito personalizado e fomentando o exercicio da autonomía e das habilidades para analizaren e utilizaren a información dada.

Esforzo por alcanzar o maior número de mozos e mozas, con procedementos eficaces, axeitados, creativos e innovadores.

Oportunidade de participación das mozas e mozos no traballo de información xuvenil.

Colaboración con outros servizos e estruturas para a xuventude situados preto do municipio e traballo en rede cos eles.

Axuda no acceso á información a través das TIC e no desenvolvemento das súas aptitudes para as utilizaren.

Información adicional