'Acción de Verán'

  • imprimir

 

'Acción de Verán' é un programa de actividades que ten lugar durante os
meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades
autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprenden
actividades de ocio para toda a xuventude e actividades de voluntariado
en campos de traballo nacionais e estranxeiros.


      ÁREAS DE PARTICIPACIÓN


      CAMPAMENTOS

Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.
Podes escoller o campamento que queiras: actividades do mar, iniciación
ao teatro, rutas en bicicleta e cabalo pola natureza, actividades de
multiaventura....
*Prazo de presentación de solicitudes do 6 ao 20 de marzo.*


      CAMPOS DE TRABALLO

Son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a
participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu
contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en
traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas
e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de
entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais,
humanitarias, etc. Entre a oferta deste ano podemos atopar campos de
traballo:

  * Culturais e etnográficos (participación na organización de festas ou
    eventos culturais, recuperación de tradicións, utensilios antigos...).
  * Ambientais (recuperación de camiños, espazos naturais...).
  * De construción e restauración (recuperación de edificios ou lugares
    para uso público).
  * Sociais (traballo con nenos, anciáns ou persoas con discapacidade).
  * Arqueolóxicos (recuperación, estudo ou conservación de xacementos ou
    monumentos).


      ACTIVIDADES DE 18 a 35 ANOS

Actividades e programas de lecer e tempo libre para mozos e mozas de 18
a 35 anos.


      OFERTA CONCERTADA (Só para entidades ou grupos non asociados)

*Prazo de presentación de solicitudes do 8 ao 22 de marzo.*

  * Descarga aquí a Orde de publicación no DOG

<http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/acciondeveran/2012/oferta_concertada/Orde_oferta_concertada_galego.pdf>;

Máis información:

Nos Servizos de xuventude dos concellos
Na web: www.xuventude.net