SESIÓN EXTRAORDINARIA E ORGANIZATIVA DO PLENO MUNICIPAL

De conformidade co establecido no artigo 38 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais aprobado polo Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro, procedo a convocar SESIÓN EXTRAORDINARIA E ORGANIZATIVA DO PLENO MUNICIPAL que se celebrará na Sala de Sesións da Casa Consistorial , as 13:00 horas do xoves, dous de xullo de dous mil quince, en primeira convocatoria ,ou dous días despois, a mesma hora, na segunda convocatoria, co obxectivo de establecer a organización e funcionamento municipal para o mandato corporativo 2015-2019, segundo o seguinte

ORDE DO DÍA:

1.- Aprobación , se procede, da acta da sesión anterior.

2.- Informe da constitución dos grupos políticos e nomeamento de portavoces.

3.-Acordo en relación co réxime das sesións plenarias municipais.

4.- Acordo de creacción e composición da Comisión Especial de Contas e Comisións informativas Pemanentes.

5.- Acordo de manter a Xunta de Goberno Local e Delegación de competencias do Pleno na mesma.

6.- Nomeamento de Representantes da Corporación nos órganos colexiados

7.- Acordos de contido económico: dedicacións exclusivas, asistencias e indemnizacions.

8.- Informe das Resolucións da Alcaldía en materia de :

- Nomeamento de Tenientes de Alcalde

- Nomeamento dos membros da Xunta de goberno local e delegación de competencias da alcaldia

- Presidencia e secretaria das Comisións informativas

- Nomeamento de concelleiros delegados

- Nomeamento de Tesorero

 

Aranga, 29 de xuño de 2015

O Alcalde : Ante min a secretaria:

Asdo:alberto Platas Álvarez

 

SESIÓN CONSTITUTIVA

Na sesión constitutiva celebrada as doce horas o día 13 de xuño de 2015, procedeuse a constitución da nova corporación municipal.

Na mesma sesión foi nomeado e tomou posesión do seu cargo de Alcalde D.Alberto Platas Álvarez.

A nova Corporación Municipal queda integrada polos seguintes concelleiros:

 

D. ALBERTO PLATAS ÁLVAREZ ( PP) : ALCALDE- PRESIDENTE

Dª.EVA MARÍA SÁNCHEZ BRAÑAS (PP)

D.FRANCISCO JOSE VÁZQUEZ FREIRE (PP)

D.DIEGO VÁZQUEZ GARCÍA (PP)

D.JOSE MIGUEL IGLESIAS ARES (PP)

DªAMPARO RIVAS PENA (PP)

 

DªSANDRA PENA BARBEITO( PSde G-PSOE)

D.CARLOS PLATAS ROCHA ( PSde G-PSOE)

D.RUBÉN GARCÍA VIDAL ( PSde G-PSOE)

D.MANUEL SÁNCHEZ CARRO ( PSde G-PSOE)

 

D. ALFONSO ESPIÑEIRA ESPIÑEIRA ( i ARANGA)

 

Aranga, 29 de xuño de 2015

A secretaria:

Asdo:Ana María Ocampo Pérez-Gorostiaga

Información adicional